Melinda Gates | |
---|---|
Nome completo | Melinda Ann French |
Nacemento | 15 de agosto de 1964 |
Lugar de nacemento | Dallas |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Relixión | catolicismo |
Alma máter | Universidade Duke, Ursuline Academy of Dallas e Fuqua School of Business |
Ocupación | empresaria, mecenas, filántropa, fundador, emprendedora, empreendedorismo e participante do fórum internacional |
Nai | Elaine Agnes Amerland |
Cónxuxe | Bill Gates |
Fillos | Jennifer Katherine Gates, Phoebe Adele Gates e Rory John Gates |
Premios | Jefferson Awards for Public Service, Persoa de Ano da revista Time, Ordem da Águia Asteca, honorary doctorate from the University of Cambridge, doutor honoris causa, lista das mulheres mais poderosas segundo a revista Forbes, Padma Bhushan, Premio Casa Chatham, Cross of Recognition, Medalla Presidencial da Liberdade, Fulbright Prize, Prémio Albert Lasker de seviço à comunidade, Medalha da Paz Otto Hahn, United Nations Population Award, Medalha Bem-Estar Público, Prêmio Albert Lasker de Pesquisa Médica Básica, Fellow of the American Academy of Arts and Sciences, 100 Mulleres da BBC, Radcliffe Medal, lista das mulheres mais poderosas segundo a revista Forbes e American Library Association Honorary Membership |
Na rede | |
http://www.gatesfoundation.org/Pages/home.aspx | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Melinda Ann Gates DBE (de solteira French), nada en Dallas o 15 de agosto de 1964[1] é unha filántropa estadounidenses, cofundadora da Bill & Melinda Gates Foundation. Traballou en Microsoft,[2] onde foi project manager de Microsoft Bob, Encarta e Expedia.
Melinda Ann French naceu en Dallas (Texas) en 1964.[3][4] É a segunda dos catro fillos de Raymond Joseph French Jr., enxeñeiro aerospacial, e Elaine Agnes Amerland, ama de casa. Melinda ten unha irmá máis vella e dous irmáns máis novos.[5]
Melinda, católica,[6][7][8][9] estudou en St. Monica Catholic School,[10][11] onde tivo o mellor expediente da súa promoción.
Melinda graduouse con honra da Ursuline Academy of Dallas en 1982.[12] Recibiu un grao en ciencia da computación e economía da Duke University en 1986 e un MBA da Fuqua School of Business de Duke en 1987.[13] En Duke, foi membro da fraternidade feminina de Kappa Alpha Theta, Beta Rho Chapter.[14]
Pouco despois de graduarse da universidade uniuse a Microsoft e participou no desenvolvemento de moitos dos produtos multimedia da empresa, incluíndo Publisher, Microsoft Bob, Encarta e Expedia.[15] Cando traballaba alí coñeceu a Bill Gates.[2] Casaron en 1994 nunha cerimonia privada en Lanai, Hawai. Pouco despois, deixou Microsoft para centrarse na formación da súa familia. O seu último cargo foi o de General Manager of Information Products.
Gates foi membro do consello de administración da Universidade de Duke entre 1996 e 2003.[16] Asiste ademais ás conferencias do grupo Bilderberg e mantén un asento no cadro directivo da compañía de The Washington Post.[17] Retirouse da xunta de Drugstore.com en agosto de 2006 para pasar máis tempo traballando para a Bill & Melinda Gates Foundation.[18]
Ata 2014, Melinda e Bill Gates doaran 28 mil millóns de dólares á fundación.[19]
Melinda e Bill Gates teñen tres fillos: three children: Jennifer Katharine Gates (nada en 1996), Rory John Gates (nado en 1999) e Phoebe Adele Gates (nada en 2002). A familia reside nunha propiedade na beira do lago Washington preto de Seattle.
En setembro de 2016, Gates anunciou o seu desexo de traballar na falta de mulleres na tecnoloxía, dicindo:
Estamos graduando poucas mulleres na tecnoloxía. Iso non é bo para a sociedade. Temos que cambialo.
Explicou que durante os seguintes dous anos estaría en "modo aprendizaxe" tralo que comezaría a dirixir o problema.[20][21]
Tamén falou do tema como conferenciante na Grace Hopper Celebration o 4 de outubro de 2017.[22] Na carta anual da Gates Foundation de 2016, indicou que as mulleres debería "pasar máis tempo facendo traballo pagado, comezando negocios ou contribuíndo de calquera xeito no benestar económico das sociedades arredor do mundo. O feito de que non poidan, contén as súas familias e as súas comunidades".[23]
Raised a Roman Catholic and educated at a girls' Catholic high school, Melinda was encouraged to pursue her love of science
Melinda, a devout Catholic, wanted a religious wedding
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Melinda Gates |