Mercedes Oliveira
Nome completoMercedes Oliveira Malvar
Nacemento25 de maio de 1957
Lugar de nacementoPontevedra
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónfilósofa
PaiJuan Oliveira
Na rede
Facebook: chis.oliveira.3 Twitter: chisoli Dialnet: 1674979 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Mercedes Oliveira Malvar, tamén coñecida como Chis Oliveira,[1] nada en Pontevedra o 25 de maio de 1957, é unha filósofa, profesora e escritora galega.

Traxectoria

Viviu de nena en Tui.[2] Estudou Filosofía e Pedagoxía na Universidade de Santiago de Compostela, doutorouse coa tese A educación afectivo-sexual na adolescencia. Epistemoloxía e didáctica dunha proposta (1997).[3] Exerceu a docencia no IES Saturnino Montojo de Ferrol, no Val Miñor de Nigrán e no María Soliña de Cangas. Foi Catedrática de Filosofía no Instituto Alexandre Bóveda de Vigo ata a súa xubilación.

Foi tamén profesora no Diploma Superior de Saúde Sexual e Reprodutiva da Escola Nacional de Sanidade en Madrid e en Estremadura, no Mestrado de Xénero e Políticas de Igualdade da UViGO e no Mestrado de Xénero da UdC. Colaborou coa Universidade de Córdoba.[4] Nos Centros de Formación do Profesorado foi coordinadora de Seminarios permanentes en Vigo[5] e impartiu moitos cursos de filosofía, didáctica, coeducación, feminismo, sexualidade, transversalidade, multiculturalidade, prevención da violencia, bullying etc…[2]. Na IPPF (International Planned Parenthood Federation) foi representante voluntaria do Estado Español en temas de Dereitos Sexuais en IPPF European Network Regional Council Meeting celebradas en Praga, Oslo, Dublín, Roma, Talín e Luxemburgo.[4]

Formou parte do grupo Enxergo de Didáctica da Filosofía. Foi presidenta da ONG de Dereitos Sexuais Federación de Planificación Familiar de España (1998-2003), da que foi representante internacional. Redactou o “II Plano Municipal para a Igualdade de Oportunidades e de Trato das Mulleres de Vigo”.

Antón Sobral, Amada Traba, Chis Oliveira e Lola Varela na presentación de am@me no Espazo Nemonon de Pontevedra o 03/01/2019.

En 2018, Chis Oliveira e Amada Traba publicaron am@me. Pensar o amor no século XXI an Editorial Galaxia, un libro "que aborda da man de dúas das expertas que máis e mellor teñen traballado en Galicia as cuestións da sexualidade e a educación emocional na mocidade no noso país, a necesidade de reflexionar arredor das relacións amorosas e a aprendizaxe do amor".[6] En 2021 publicou con Priscila Retamozo o libro «Comando igualdade. A mocidade facendo a revolución feminista nas aulas!» un manual de feminismo na que abordan, ademais de conceptos básicos da teoría feminista, a historia do Comando Igualdade, un proxecto coeducativo que traballa a igualdade de xénero coa mocidade.

É filla do escultor Juan Oliveira Viéitez.

Publicacións

Publicacións colectivas

No Grupo ENXERGO de Didáctica da Filosofía:

Outras:

Recoñecementos

Notas

  1. "Pseudónimos galegos en ogalego.eu: c". www.ogalego.eu. Consultado o 4/4/2019. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Mercedes Oliveira Malvar". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 4/1/2019. 
  3. Malvar, Mercedes Oliveira (1998). "La educación afectivo-sexual en la adolescencia: epistemología" (en castelán). Universidade de Santiago de Compostela. 
  4. 4,0 4,1 "Ficha da autora". www.xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 04/01/2019. Consultado o 4/4/2019. 
  5. "Mercedes Oliveira Malvar. Currículum abreviado". pmayobre.webs.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 04/01/2019. Consultado o 4/1/2019. 
  6. "ám@me". Editorial Galaxia. Consultado o 4/4/2019. 
  7. Guerra, Miguel Ángel Santos; Fernández, M. Gloria Arenas; García, Nieves Blanco; Morales, Graciela Hernández; Solís, Rafael Castañeda; Guijarro, Concepción Jaramillo; Sánchez, Emilia Moreno; Rodriguez, M. Elena Simón; Malvar, Mercedes Oliveira (2000-09-18). El harén pedagógico: Perspectiva de género en la organización escolar (en castelán). Grao. ISBN 9788478275632. 
  8. "Por umha sociedade laica. Polo nosso direito a decidir" (PDF). feminismo.org. 2008. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28/04/2011. Consultado o 4/1/2019. 
  9. "A composición filosófica. Probas de Selectividade". Catálogo da Rede de biblitoecas Públicas de Galicia. Consultado o 15/11/2021. 
  10. "Resolución de 21 de diciembre de 2009, de la Secretaría de Estado de Educación y Formación Profesional, por la que se conceden los «Premios IRENE: la paz empieza en casa» 2009" (PDF). Boletín Oficial del Estado. 
  11. "Resolución de 10 de diciembre de 2010, de la Secretaría de Estado de Educación y Formación Profesional, por la que se conceden los «Premios IRENE: la paz empieza en casa» para 2010" (PDF). www.boe.es. 
  12. "Mercedes Oliveira Malvar: "Este premio avala una forma alternativa de educar"". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 4/4/2019. 
  13. Atlántico (2021-03-09). "Chis Oliveira, recoñecida co Premio de Igualdade Ernestina Otero 2021". Atlántico (en castelán). Consultado o 2021-04-29. 

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas