Grupo morsitans (especies de sabana) * Grupo fusca (especies de bosque) * Grupo palpalis (especies ribereñas)
Glossina é un xénero de moscas hematófagasafricanas, coñecidas vulgarmente como moscas tse-tse. É o único xénero da familia Glossinidae. Coñécense 23 especies (ou até 31 segundo outras clasificacións) e diversas subespecies. Son vectores biolóxicos que transmiten o axente patóxenoTrypanosoma brucei, un protozoo que causa a nagana nos animais e a enfermidade do soño ou tripanosomiasis africana no home.[1][2]
As moscas tse-tse actuais existen desde polo menos 34 millóns de anos. Recuperáronse e identificáronse fósiles do xacemento fosilífero de Florissant en Colorado datados con esa antigüidade.[3]
Características
As moscas tse-tse son vagamente similares a outras moscas comúns, como a mosca doméstica, pero poden ser distinguidas por catro características da súa anatomía, dúas das cales son fáciles de observar:
A mosca tse-tse prega as súas ás completamente cando está en repouso de tal modo que unha descansa directamente sobre a outra sobre o abdome.
A mosca tse-tse ten unha longa probóscide, que se estende directamente cara a adiante e está conectada por un bulbo na parte inferior da súa cabeza.
Especies
O xénero Glossina subdivídese xeralmente en tres grupos de especies, sobre a base da súa distribución xeográfica, comportamento e morfología:[4][5]
↑Cockerell, T. D. A. "A fossil tsetse fly and other Diptera from Florissant, Colorado". Proceedings of the Biological Society of Washington.
↑J. A. van Vesten. The Tsetse Fly Glossina fuscipes fuscipes Newstead, 1911, in East Africa: some aspects of its biology and its role in the epidemiology of human and animal trypanosomiasis. Doctoral Thesis, University of Amsterdam, 1971.
↑J. P. Gouteux. "Une nouvelle glossine du Congo: Glossina (Austenina) frezili sp. nov. (Diptera: Glossinidae)". [Tropical Medicine and Parasitology (2). PMID3629143.