Unión Internacional de Química Pura e Aplicada International Union of Pure and Applied Chemistry | |
---|---|
Acrónimo | IUPAC |
Tipo | Organización científica |
Propósito | Establecer normas e nomenclatura en química |
Campo de traballo | Química |
Área de operación | Internacional |
Data de fundación | 1919 |
Fundador(es) | Diversos químicos internacionais |
Traballos destacados | Nomenclatura química, táboa periódica estandarizada, etc. |
Sede | Research Triangle Park, Carolina do Norte |
País | Estados Unidos de América |
Na rede | |
International Union of Pure and Applied Chemistry (iupac.org) | |
[ editar datos en Wikidata ] |
É a nomenclatura dos compostos químicos elaborada pola IUPAC. A Unión Internacional de Química Pura e Aplicada, coñecida polo acrónimo IUPAC do seu nome en inglés (International Union of Pure and Applied Chemistry), é a autoridade universalmente recoñecida en nomenclatura e terminoloxía química.
A organización conta con dous órganos encargados desta actividade: a "División VIII", dedicada á "Nomenclatura e representación de estruturas" e a "Comisión Interdivisional de Terminoloxía, Nomenclatura e Símbolos".
Unha das principais actividades da IUPAC é o desenvolvemento de recomendacións para o establecemento dunha nomenclatura e terminoloxía inequívoca, uniforme e coherente para campos científicos específicos. Estas recomendacións poden adoptar a forma de: glosarios de termos para disciplinas químicas específicas; definicións de termos relacionados cun grupo de propiedades; nomenclatura dos compostos químicos e as súas clases; terminoloxía, símbolos e unidades para un campo específico: clasificacións e usos de termos para un campo específico, e convencións e estándares prácticos para a presentación de datos en campos específicos.[1]
As recomendacións publícanse na revista científica Pure and Applied Chemistry e están dispoñibles publicamente o ano seguinte á súa publicación. Tamén se inclúen na base de datos en liña da IUPAC un ano despois da publicación na revista.
A información sobre terminoloxía tamén está dispoñible a través dos libros da IUPAC, unha colección de sete libros coñecidos pola súa cor distintiva.
Hai dúas áreas principais:
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nomenclatura IUPAC |
Este artigo sobre química é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |