A novela negra é, como a definiu Raymond Chandler no seu libro The Simple Art of Murder, a novela do mundo profesional do crime. Debe o seu nome a dous factores: a que orixinalmente foi publicada na revista Black Mask de Estados Unidos e na colección Série Noire francesa, así como ós ambientes "escuros" que logra. O termo asóciase a un tipo de novela policial na que a resolución do misterio non é en si o obxectivo principal; que é habitualmente moi violenta e as divisións entre o ben e o mal están bastante difuminadas. A maior parte dos seus protagonistas son individuos derrotados, en decadencia, que buscan encontrar a verdade (ou polo menos algún indicio de verdade).

Características

[editar | editar a fonte]

Este tipo de relato presenta unha atmosfera asfixiante, medo, violencia, falta de xustiza, corrupción do poder e inseguridade. Amosa os efectos do capitalismo co triunfo do individualismo, nacionalismo e racismo. Nace nas primeiras décadas do século XX nos Estados Unidos, como unha variante das historias policiais, e difundida en revistas.

A novela negra agrega a violencia ás características do xénero policial. Os crimes baséanse nas debilidades humanas como a rabia, ansias de poder, envexa, odio, avaricia, paixóns etc. Por esta razón aparece unha linguaxe máis crúa, onde se lle dá máis importancia á acción que á análise do crime.
Neste tipo de relato importa máis a descrición da sociedade onde nacen os criminais e a reflexión sobre a deterioración ética.[1]

Tipos

[editar | editar a fonte]

Actualmente existen tres tipos de novela negra:[1]

Pais do xénero

[editar | editar a fonte]

Representantes do xénero

[editar | editar a fonte]

Novela negra en galego

[editar | editar a fonte]

Anglosaxóns

[editar | editar a fonte]

Trátase dunha lista moi incompleta.

Outros europeos

[editar | editar a fonte]

Castelanfalantes

[editar | editar a fonte]

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 Lorena Amaro, Marcela Cabrera, Alejandra Caballero, Lengua Castellana y Comunicación 2, Santiago de Chile, 2005, páxina 229

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]