Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión. ver conversa Por favor, vexa a lista de problemas indicados neste modelo e mellóreo de acordo coas indicacións. Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado.De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde xuño de 2016)
O Foxo

Casa de Martínez de 1793.
ParroquiaSilleda
ConcelloSilleda
Coordenadas42°42′04″N 8°15′25″O / 42.701239647726, -8.2569044369021Coordenadas: 42°42′04″N 8°15′25″O / 42.701239647726, -8.2569044369021
Poboación56 hab. (2011)
editar datos en Wikidata ]

O Foxo é un lugar da parroquia de Silleda no concello pontevedrés de Silleda. Segundo o IGE en 2011 tiña 56 habitantes, deles 27 eran homes e 29 eran mulleres. Isto supón unha diminución con respecto ao ano 1999 cando tiña 65 habitantes.

Historia

O Foxo viviu a súa época dourada entre os séculos XVI e o primeiro terzo do XIX. Pertencía á antiga provincia de Santiago e á xurisdición de Trasdeza, sendo capital civil do distrito do mesmo nome. Xa aparece mencionado nunha das primeiras cartografías que se conservan sobre Galicia, o mapa do reino de Galicia de Fenando de Ojea do ano 1612. Moi descoidado na actualidade, diversas fontes destacan a súa importancia como cruzamento de importantes camiños medievais, paso obrigado de arrieiros, arteria que ía a Compostela e verea relixiosa para aqueles que dende o sur da península e nordeste de Portugal peregrinaban ata a catedral de Santiago.

O paso obrigado de camiñantes de diverso rango, marcou a vida desta aldea e xerou os servizos e establecementos que se demandaban, como o de postas, do ferreiro, de botica, correos, estanco, cobradores de impostos e de portádego, fontes, lavadoiro, capela de servizos relixiosos, xuíz e administrador real.

Actualidade

Aínda hoxe, no Foxo aprécianse restos da diversa tipoloxía de construcións, destacando, polas súas dimensións, edificacións como a Casa de Martínez de 1793, a Casa da Botica, a Casa Cuartel, a que foi Casa do Concello e antes Casa da Administración,con estafeta de correos e estanco, case non se distingue agora por culpa das hedras.

Relixión

No Foxo venérase a San Roque, o peregrino por excelencia e celébrase unha misa na súa honra unha vez ao ano, o 16 de agosto.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias

Lugares de Silleda

Lugares da parroquia de Silleda no concello de Silleda (Pontevedra)

Casas do Monte | Costoia | Fonteboa | O Foxo | A Mera | Mourelos | Outeiro | Silleda | Toiriz | Toxa | Trasfontao

Parroquias de Silleda

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Silleda

Abades (Santa María) | Ansemil (San Pedro) | Breixa (Santiago) | Carboeiro (Santa María) | O Castro (San Mamede) | Cervaña (San Salvador) | Chapa (San Cibrao) | Cira (Santa Baia) | Cortegada (Santa María) | Dornelas (San Martiño) | Escuadro (San Salvador) | Fiestras (San Martiño) | Graba (Santa María) | Lamela (San Miguel) | Laro (San Salvador) | Manduas (San Tirso) | Margaride (San Fiz) | Martixe (San Cristovo) | Moalde (San Mamede) | Negreiros (San Martiño) | Oleiros (San Miguel) | Parada (San Tomé) | Pazos (San Martiño) | Piñeiro (San Xiao) | Ponte (San Miguel) | Refoxos (San Paio) | Rellas (San Martiño) | Saídres (San Xoán) | Siador (San Miguel) | Silleda (Santa Baia) | Taboada (Santiago) | Vilar (San Martiño) | Xestoso (Santa María)

Véxase tamén

Bibliografía