O Temple
Casas de Bailly, no Graxal.
ConcelloCambre[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°18′56″N 8°21′21″O / 43.31562561, -8.35573323Coordenadas: 43°18′56″N 8°21′21″O / 43.31562561, -8.35573323
Poboación9.177 hab. (2016)
Entidades de poboación7[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa María do Temple é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Cambre, na comarca da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE 2016) ten 9.177 habitantes (4.474 homes e 4.703 mulleres). A parroquia ten 7 lugares.

Xeografía

O Temple é a única parroquia costeira do concello, sitúase fronte á ría do Burgo onde desemboca o río Mero. A marxe dereita do río pertence a Cambre, ata esta parroquia, e a esquerda a Culleredo ata Almeiras.

Cultura

Toponimia

O Temple é un topónimo latino ligado á orde dos templarios que se estableceron neste lugar.[2]

Educación

Nesta parroquia sitúase o galardoado IES Afonso X O Sabio.[3][4][5]

Lugares e parroquias

Lugares do Temple

Lugares da parroquia do Temple no concello de Cambre (A Coruña)

A Barcala | A Costa da Tapia | O Estanque | O Graxal | Rúa dos Muíños | A Tapia | O Temple

Parroquias de Cambre

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Cambre

Anceis (San Xoán) | Andeiro (San Martiño) | Brexo (San Paio) | Bribes (San Cibrán) | Cambre (Santa María) | Cecebre (San Salvador) | Cela (San Xulián) | Meixigo (San Lourenzo) | Pravio (San Xoán) | Sigrás (Santiago) | O Temple (Santa María) | Vigo (Santa María)

Notas

  1. 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
  2. Sánchez Pardo, JC.; Andrade Cernadas, JM (Dirección) (2008). "Territorio y poblamiento en Galicia entre la antigüedad y la plena Edad Media (Tese)". Universidade de Santiago de Compostela: 1051. 
  3. O IES Afonso X O Sabio resultou galardoado nos premios Innovagal 2020-2021. 2º premio na modalidade Centro Educativo e 1º premio na modalidade Docente.
  4. V., M. (6 de febreiro de 2021). "Un instituto de Cambre y dos profesores, premiados por la innovación en educación". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 7 de xuño de 2022. 
  5. "El IES Afonso X O Sabio recibe o 2º premio Innovagal polo seu compromiso coa innovación educativa. Isabel González, profesora do centro de ensinanza, alcanzou, ademais, o único galardón na categoría de Humanidades da modalidade docente". El Noticiero de Arteixo. 6 de febreiro de 2021. Consultado o 6 de febreiro de 2021. [Ligazón morta permanente]

Véxase tamén

Outros artigos