Oleiros | |
---|---|
Casa da República, centro social construído en tempos da II República. | |
Concello | Oleiros[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°20′10″N 8°19′05″O / 43.336, -8.3181Coordenadas: 43°20′10″N 8°19′05″O / 43.336, -8.3181 |
Poboación | 3.019 hab. (2018) |
Entidades de poboación | 13[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa María de Oleiros é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Oleiros. Segundo o IGE en 2018 tiña 3.019 habitantes (1.547 mulleres e 1.472 homes) distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 2.298 habitantes.
Oleiros é un topónimo latino que se refire á unha poboación onde se fabrican olas ou tamén onde existen soterramentos antigos, por exemplo con enxovais con vasos.[2][3][4]
Lugares da parroquia de Oleiros no concello de Oleiros | |
---|---|
A Barreira | Bulleiro | O Castelo | Condús | A Cova | A Covada | Covo | O Cruceiro | A Cruz de Oleiros | A Hedreira | Miraflores | As Pedreiras | A Pezoca | A Picota | O Piñeiro | Pousada | A Rabadeira | O Rabuñeiro | O Real | Río da Loba | O Río | Rueiro | Saltoxo | As Torres | Xubín |