Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de xuño de 1938 ![]() Lugo, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritora ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Víctor Manuel Vázquez Portomeñe |
María Otilia Seijas García, nada en Lugo o 22 de xuño de 1938, é unha novelista e xornalista galega.
Filla dun mestre, ela é tamén mestra diplomada en lingua francesa e preescolar. Traballou en distintas localidades da provincia de Lugo. Ten escrito con regularidade en diversos medios de comunicación (El Progreso, La Voz de Galicia), mais sobre todo en El Correo Gallego.
Casou co político do PPdeG Víctor Manuel Vázquez Portomeñe e tivo tres fillos.