PAC 1 / PAC A / Package Attitude Control | |
---|---|
Tipo | Tecnolóxico |
Fabricante | Centro Goddard de Voos Espaciais |
Organización | NASA |
Destino actual | Reentrado na atmosfera.[1][2][3] |
Data de lanzamento | 9 de agosto de 1969, 7:52 GMT[1][4][5][6] |
Foguete portador | Delta N[1][3] |
Sitio de lanzamento | Cabo Cañaveral, rampla 17A[1][2] |
Obxectivo da misión | Probas de estabilización.[1][2] |
Decaemento | 28 de abril de 1977[4] |
NSSDC ID | 1969-068B |
Masa | 117 kg[1] |
PAC 1 ou PAC A, acrónimo de Package Attitude Control, foi un satélite artificial da NASA lanzado o 9 de agosto de 1969 mediante un foguete Delta N desde Cabo Cañaveral.[1][2][3]
PAC 1 foi lanzado acaroado á segunda etapa do seu foguete lanzador, un Delta N, no mesmo lanzamento no que se puxo en órbita o observatorio OSO 6. O satélite quedou nunha órbita inicial de 547 x 483 km. A súa misión foi probar un sistema de estabilización nos tres eixos de baixo consumo e longa duración para o seu uso en futuros satélites científicos. PAC 1 reentrou na atmosfera o 28 de abril de 1977.[1][2][3]