O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.[2] Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Galicia, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. España ratificou a Convención sobre a Protección do Patrimonio Cultural e Natural da Humanidade o 4 de maio de 1982, convertendo os seus lugares en elixíbeis para a súa inclusión na lista.[3]
O primeiro sitio en Galicia que se inscribiu foi a Cidade vella de Santiago de Compostela, que foi inscrita na 9ª sesión do Comité do Patrimonio da Humanidade en 1985.[4] Os seguintes lugares que foron incluídos entre o Patrimonio da Humanidade foron o Camiño de Santiago (1993), compartido con outras rexións europeas,[5] a Muralla de Lugo (2000)[6] e a Torre de Hércules (2009).[7] Os catro sitios son culturais.
* Lugar transnacional
Nº | Nome | Imaxe | Localización | Ano da inclusión | Datos da UNESCO | Descrición | Ref |
---|---|---|---|---|---|---|---|
01 | Cidade vella de Santiago de Compostela | Santiago de Compostela | 1985 | 347; ; I, II, VI (cultural) | A catedral de Santiago de Compostela é o probable lugar de enterramento do apóstolo Santiago, e é o termo do Camiño de Santiago, unha peregrinación polo norte de España. A cidade foi destruída polos mouros no século X e reconstruída no século seguinte. | [9] | |
02 | Camiño de Santiago: Camiño Francés e rutas do norte. | Aragón, Castela e León, Galicia, Navarra, Asturias, Cantabria, País Vasco e A Rioxa | 1993 | 669; II, IV, VI (cultural) | O Camiño de Santiago, é unha peregrinación desde a fronteira franco-española ata a catedral de Santiago de Compostela, onde crese que esta enterrado o apóstolo Santiago. En 2015 ampliouse o sitio coas rutas do norte (Camiño Primitivo e Camiño do Norte). | [10][11] | |
03 | Muralla romana de Lugo | Lugo | 2000 | 987; IV (cultural) | As murallas construídas para protexer a cidade romana de Lugo no século III mantéñanse totalmente intactas e son o mellor exemplo que queda en Europa occidental. | [12] | |
04 | Torre de Hércules | A Coruña | 2009 | 1312; III (cultural) | Os romanos construíron este faro de 55 m de altura sobre unha rocha de 57 m para marcar a entrada do porto da Coruña. É o único faro romano totalmente conservado e funcionando. | [13] |
Ademais dos sitios inscritos na Lista do Patrimonio Mundial, os estados membros poden manter unha lista de candidaturas que se poderían considerar para o nomeamento. Os nomeamentos para a lista do patrimonio mundial acéptanse soamente se o sitio foi previamente mencionados na lista de candidatos. Os lugares de Galicia rexistrados como candidatos xunto co ano en que foron incluídos na lista provisional son:[14]
A Galipedia ten un portal sobre: Galicia |
Países con Patrimonio da Humanidade | |
---|---|
África | |
América | |
Asia | |
Europa | |
Oceanía |