Paula Gallego
Data nacemento5 de febreiro de 2004
Nado enFerrol
OcupaciónActriz, modelo
Na rede
http://paulagallego.es/
IMDB: nm6224152 Facebook: PaulaGallego04 Instagram: paulagallegoficial Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Paula Gallego Gómez, nada en Ferrol o 5 de febreiro de 2004, é unha actriz e modelo galega. Interpretou a María Alcántara na serie Cuéntame cómo pasó, de Televisión Española.

Traxectoria

Dende moi curta idade realizou diversos cursos de interpretación. Foi modelo de fotografía e fixo os seus primeiros pasos no mundo da moda, realizando campañas de publicidade e pasarela.

Protagonizou varias curtametraxes entre elas Último aliento (Finalista no Festival de Cine de Cartaxena de 2013), Paquete Express ou Secretos en el Cole. Participou en varios videoclips para concursos de Disney, demostrando os seus dotes para o canto. No teatro participou en Pulgarcita o musical, que se estreou no 44° Festival Internacional de Teatro, Música e Danza de San Javier. Tamén é bailarina e patinadora sobre xeo.

Formou parte da nova familia Alcántara como María Alcántara, dentro da serie Cuéntame cómo pasó de Televisión Española.

Televisión

Curtametraxes

Véxase tamén

Ligazóns externas