Infotaula de personaPhilip Miller

Retrato do botánico escocés Philip Miller na tradución francesa de The Gardener Dictionary, en realidade un autorretrato de John S. Miller.
Biografía
Nacemento1691
Inglaterra
Morte18 de decembro de 1771
Chelsea, Londres
Datos persoais
País de nacionalidadebritánica
Actividade
Campo de traballoBotánica Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Chelsea Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónhorticultor, botánico
Membro de
Royal Society (1730–) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa e lingua alemá Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviación dun autor en botánicaMill. Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMary Kennet
FillosCharles e Philip
PaiJoseph Miller (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Membros da Royal Society

Philip Miller, nado en Deptford, ou quizais en Greenwich, en 1691 e finado en Chelsea, Londres o 18 de decembro de 1771, foi un horticultor e botánico británico, de ascendencia escocesa.

Traxectoria

Philip Miller foi o xardineiro en xefe do Xardín Botánico de Chelsea (Chelsea Physic Garden) desde 1721 até case a data da súa morte. Casou con Mary Kennet, con quen tivo dous fillos, Charles e Philip.

Mantivo unha correspondencia importante con outros botánicos do seu tempo, obtendo numerosos espécimes procedentes de todo o mundoero, que cultivou na Gran Bretaña. Miller instruíu a William Aiton (1731-1793), que máis tarde chegaría a ser o xardinero en xefe do Real Xardín Botánico de Kew, e a William Forsyth (1737-1804).

Philip Miller rexeitou a nomenclatura binomial de Linneo (1707-1778) e prefiriu utilizar a clasificación de Joseph Pitton de Tournefort (1656-1708), e a de John Ray (1627-1705). Soamente na oitava edición da súa obra The Gardeners Dictionary (O dicionario dos xardineiros), en 1768, foi cando adoptou o sistema linneano. Porén, xa describira algúns xéneros, tales como Larix e Vanilla, que foron validados no sistema lineano, na cuarta edición de Species Plantarum, de 1754.

Miller está vinculado coas orixes do cultivo do algodón en Xeorxia, Estados Unidos, onde plantou persoalmente as primeiras sementes en 1733.

Obras

Honores

O 22 de xaneiro de 1730 foi elixido membro da Royal Society de Londres.

Epónimos

Abreviatura

A abreviatura Mill. emprégase para recoñecer a Philip Miller como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.

Notas

  1. Sp. Pl. 2: 919. 1753 (IK)

Véxase tamén