Pol | |
---|---|
Igrexa parroquial de Santa María de Pol | |
Concello | Baralla[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°51′44″N 7°15′12″O / 42.86232223, -7.25322844Coordenadas: 42°51′44″N 7°15′12″O / 42.86232223, -7.25322844 |
Poboación | 57 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 1[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa María de Pol é unha parroquia que se localiza no concello de Baralla. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 83 habitantes (45 mulleres e 38 homes), distribuídos en 1 entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999, cando tiña 86 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 63 habitantes, sendo 31 homes e 32 mulleres.
Santa María de Pol, coma o seu concello, ten a presenza do monte Pena do Pico cuxa altitude é de pouco máis de 1 000 metros. Os prados situados a unha cota de 500 metros están arrodeados por prados mentres que as ladeiras están cheas de bidueiros, acivros e carballos, deixando as zonas máis elevadas cubertas por queiroas, toxos e xestas. Hai unha lenda que di que nos magostos os novos bailaban nus, feluxentos, pintados de negro; o ritual pode remontarse a tempos primitivos, mais na actualidade este ritual non é practicado polos habitantes.[2]
Lugares da parroquia de Pol no concello de Baralla (Lugo) | |
---|---|