![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de abril de 1967 ![]() Ourense, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | actriz ![]() |
Lingua | Lingua galega ![]() |
![]() ![]() |
Rebeca Montero Martínez, nada en Ourense o 10 de abril de 1967,[1] é unha actriz galega de teatro e televisión, malia que fixo pequenas incursións no mundo do cine.
Comezou no teatro aficcionado no ano 1985 coa obra Ollo ao piollo King Kong do grupo Caritel. Posteriormente trasladouse a Madrid onde cursou estudos na Real Academia de Arte Dramática. Colaborou nalgúns episodios da primeira tempada de Mareas vivas, así coma, de forma máis continuada, n' A vida por diante (no papel de Lourdes) e en Matalobos (como Lola).
En cine destaca a súa participación en películas coma Blanca Madison, Ipso Facto ou León e Olvido.
O 25 de marzo de 2009 recibiu o premio María Casares á actriz secundaria pola obra A boa persona de Shezuan. Premio que recibiría no 2010 polo seu papel na obra O segredo dos Hoffman.
En 2011 resultou finalista da audiencia na V edición do Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, por Carne de cañón.