Cappellini | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Renato Cappellini | ||
Nacemento | 9 de outubro de 1943 | ||
Lugar de nacemento | Soncino | ||
Altura | 1,78 m. | ||
Posición | dianteiro | ||
Carreira xuvenil | |||
Montebelluna | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1963–1968 | Inter de Milán | 50 | (18) |
1964–1965 | → Genoa | 24 | (6) |
1968–1969 | Varese | 25 | (2) |
1969–1974 | Roma | 97 | (23) |
1976–1977 | Chiasso | 17 | (2) |
Selección nacional | |||
1967 | Italia | 2 | (1) |
Adestrador | |||
1987–1988 | Ospitaletto | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Renato Cappellini, nado en Soncino o 9 de outubro de 1943, é un exfutbolista italiano, que xogaba como dianteiro.
Formouse como futbolista na canteira do Inter de Milán, co que debutou na Serie A o 29 de setembro de 1963, nunha vitoria por 2-0 contra o Mantova.[1] Despois de pasar a tempada 1964/65 cedido no Genoa, regresou ao equipo nerazzurro, co que gañou un scudetto da man de Helenio Herrera.[2]
Nos cuartos de final da Copa de Europa 1966/67 ante o Real Madrid, marcou un gol tanto no partido de ida como no de volta, clasificándose así para a seguinte fase.[2] Nas semifinais enfrontouse ao CSKA Sofia búlgaro, eliminatoria que precisou dun partido de desempate, no que Cappellini fixo o único tanto, metendo así o equipo milanés na súa terceira final continental.[3]
En 1968 foi traspasado ao Varese, onde xogou un ano, antes de fichar pola Roma, club no que militou durante cinco campañas.[2] Posteriormente pasou polo Como, a Fiorentina e o Chiasso, da liga suíza, antes de colgar as botas en 1977.[2]
Ademais da súa carreira futbolística, tamén se dedicou a escribir historias de detectives.[4]
En marzo de 1967 disputou dous partidos coa selección italiana e marcou un gol ante Portugal.[2]