A riolita é unha rocha ígnea extrusiva, volcánica félsica, de cor gris a avermellado cunha textura de grans finos ou ás veces tamén vidro e unha composición química moi parecida á do granito.[1][2] A riolita considérase o equivalente volcánico do granito,[1] que tamén se orixina dun magma similar pero a maior presión. É unha rocha rica en sílice (> 69% de SiO2). O conxunto de minerais que a compón adoita ser cuarzo, sanidina (feldespato K) e plaxioclasio (en proporción > 2:1); a biotita e a horneblenda (anfíbolo) son minerais accesorios comúns.
A súa textura máis típica é a textura afanítica[3] da riolita fai que teña unha aparencia moi diferente do granito.[2] A súa textura débese ao curto período que tivo para a cristalización,[1] o que obstaculiza a formación de grandes fenocristais e favorece a formación de vidro. Os fenocristales que se poden encontrar nunha riolita son de cuarzo, feldespato potásico, oligoclasio (plaxioclasio), biotita, anfíbolo e piroxeno.[1]
A riolita é un tipo de rocha bastante común, aínda que aparece en volumes moito menores que o basalto.[2] As riolitas danse principalmente nos continentes e as súas marxes, pero tamén aparece noutras situacións tectónicas.[1]
A riolita orixínase de magma que sae durante as erupcións volcánicas a temperaturas de 700-850 °C.[4] O seu nome deriva da palabra grega rhyax , que significa ‘corrente’, e lithos, que significa ‘rocha’.[4]
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Riolita |