Robinia

Robinia pseudoacacia (falsa acacia)
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Rosidae
Orde: Fabales
Familia: Fabaceae
Subfamilia: Faboideae
Tribo: Robinieae
Xénero: Robinia
L. 1753

Robinia é un xénero de plantas pertencente á familia fabáceas, orixinario de zonas temperadas de América do Norte, incluíndo os Estados Unidos, o sur do Canadá e o norte de México.

Falsa acacia en primavera

Son árbores de folla caduca e arbustos que acadan dos 4 aos 25 metros de altura. Con follas ovaladas que van 7-21 pinnadas. As flores son brancas ou rosadas, xeralmente en acios oscilantes. Moitas especies teñen espiñas e outras conteñen substancias pegañentas. En Galicia está naturalizada só unha especie, a Robinia peseudoacacia, coñecida como falsa acacia ou simplemente robinia. Considérase especie invasora.

Recoñécense entre catro e dez especies no xénero.

Especies

(*: non aceptada como especie distinta por todas as autoridades)

Híbridos

Véxase tamén