Coordenadas: 43°38′29″N 79°23′21″O / 43.641388888889, -79.389166666667
Rogers Centre | |
---|---|
Datos | |
Localización | Toronto, Canadá |
Nomes antigos | SkyDome (1989–2005) |
Construción | |
Construción | 3 de outubro de 1986 |
Inauguración | 3 de xuño de 1989 |
Arquitecto | Rod Robbie |
Enxeñeiro | Adjeleian Allen Rubeli Ltd. |
Custo | $570 millóns (2006) |
Estadio | |
Superficie | AstroTurf 3D Xtreme with dirt infield (herba artificial) |
Dimensións | Left Field Line – 328 ft (100 m) Left-Centre P.A. – 375 ft (114 m) Centre Field – 400 ft (122 m) Right-Centre P.A. − 375 ft (114 m) Right Field Line – 328 ft (100 m) Backstop – 60 ft (18 m) |
Capacidade | 49.282 espectadores |
Asist. máxima | 68.237 (17 de marzo de 2002) WrestleMania X8 (WWE) |
Propietario | Rogers Communications |
Operaradora | Rogers Stadium Limited Partnership |
Localía | Toronto Blue Jays ([MLB]], 1989– ) Toronto Raptors (NBA, 1995–1999) |
O Rogers Centre, anteriormente chamado SkyDome, é un parque de béisbol situado no centro de Toronto, Ontario (Canadá), xusto ao suroeste da Torre CN, cerca do Lago Ontario. Inaugurado en 1989, é o estadio local dos Toronto Blue Jays da Major League Baseball (MLB). Anteriormente tamén foi lar dos Toronto Argonauts da Canadian Football League (CFL) e dos Toronto Raptors da National Basketball Association (NBA). Os Buffalo Bills da National Football League (NFL) tamén xogaron unha serie de partidos anuais entre 2008 e 2013. Alén dos usos deportivos, tamén é utilizado para outros eventos como convencións, feiras de mostras ou concertos.
O nome de Rodgers Centre é debido ao patrocinio de Rogers Communications, empresa tamén propietario da franquía.[1] No momento da súa construción destacou por ser o primeiro estadio con teito completamente retráctil motorizado, así como polo hotel adxunto con 348 habitacións, 70 das cales con vistas ao campo.[2] Foi tamén o último estadio de América do Norte construído para albergar simultaneamente xogos de béisbol e de fútbol (americano ou canadense). No ano 2015 o estadio acolleu as cerimonias de inauguración e clausura dos Xogos Panamericanos, sendo nomeado durante o evento como "Pan Am Dome" debido a que Rogers Communications non tiña acordo de patrocinio coa organización.