Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2016.)
SEPECAT Jaguar
TipoCaza ataque ó solo e interdición
FabricanteSEPECAT (Bréguet/BAC)
Primeiro voo8 de setembro 1968
Introducido1973
Principais usuariosForza Aérea da India
Royal Air Force
Forza Aérea de Francia
Real Forza Aérea de Omán
Produción1968 - 1981
Unidades construídas573[1]

O SEPECAT Jaguar é un avión de ataque supersónico anglo-francés utilizado orixinalmente pola Royal Air Force británica e a Armée de l'Air francesa no apoio aéreo próximo e no ataque nuclear. No presente aínda está en servizo coa Forza Aérea india.

Deseñado como adestrador avanzado para substituír o Folland Gnat, o Jaguar foi convertido a última hora nun avión de ataque a baixa cota, equipado cunha avanzada aviónica de navegación e operativa. O primeiro avión entregouse á RAF no ano 1973, e o primeiro escuadrón, o 54, formouse en marzo do ano 1974. O Jaguar substituíu o Phantom nas misións de interdirección, ataque e recoñecemento, e equipou un total de oito unidades. Os escuadróns de Jaguar de ataque baseados na RFA convertéronse en Tornado entre os anos 1983 e 1986. O Escuadrón 11, unidade de recofoto da RAF Germany, equipouse co Tornado no ano 1989, pero os tres escuadróns da RAF Coltishall (que forman parte da reserva estratéxica da OTAN) seguiron co Jaguar ó longo dos anos 90.

Especificacións

[editar | editar a fonte]
  1. "Jaguar". web.archive.org. 2008-06-20. Archived from the original on 20 de xuño de 2008. Consultado o 2024-05-07.