GY-80 Horizon
FabricanteSud Aviation
SOCATA
Deseñado porYves Gardan
Primeiro voo21 de xullo de 1960
Unidades construídas267
VariantesSOCATA ST-10 Diplomate

O GY-80 Horizon é unha avioneta francesa de catro prazas dos anos 60 deseñada por Yves Gardan e fabricado baixo licenza primeiro por Sud Aviation, e posteriormente pola súa filial SOCATA.

Deseño e desenvolvemento

[editar | editar a fonte]

O avión foi deseñado polo famoso deseñador francés Yves Gardan durante os anos 50. En 1960 Sud Aviation mercoulle a Gardan unha licenza para construír o avión. O prototipo voou por vez primeira o 21 de xullo de 1960 e o avión foi producido inicialmente por Sud Aviation en Nantes e Rochefort.[1] Sud Aviation posteriormente mercou a compañía Morane-Saulnier en bancarrota,[2] e en 1966, formou a filial SOCATA para continuar coa produción do Morane-Saulnier Rallye; porén, Sud Aviation transfería ao pouco tempo a produción dos seus avións de aviación xeral tamén a SOCATA.[3] Sud-Aviation e a súa filial SOCATA fabricaron 267 unidades[1] ata 1969, cando rematou a súa produción.

O deseño totalmente metálico tiña unha á baixa cantilever con catro flaps Flower operados mecanicamente e dous aleróns Frise. O tren de aterraxe en triciclo retraíase parcialmente cara a atrás[4] (pouco máis da metade das rodas quedaban expostas). O primeiro prototipo usaba un motor de refrixeración por aire Avco Lycoming O-320 de 150 cabalos que impulsaba unha hélice metálica de paso fixo, usando os avións de produción ese motor ou unha versión do mesmo de 160 cabalos, e tiñan como opción usar unha héice de velocidade constante.[5][6] En 1966 estivo dispoñible o Lycoming O-360 de 180 cabalos,[7] e a opción de 150 retirouse en 1967.[8]

A meirande parte dos Horizon foron comprados por pilotos franceses, pero algúns exemplares exportáronse a varios países como Alemaña, Suíza e o Reino Unido.

Unha variante mellorada foi desenvolvida orixinalmente como o Super Horizon 200 e posteriormente entrou en produción como o ST 10 Diplomate.[1]

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 1,2 Simpson 1991, p. 16
  2. Simpson 1991, p. 215
  3. Simpson 1991, pp. 16-17
  4. Taylor 1969, p. 72
  5. Taylor 1961, p. 53
  6. Taylor 1965, p. 60
  7. Taylor 1966, p. 59
  8. Taylor 1967, p. 57

Bibliografía

[editar | editar a fonte]