Saab Group

Editar o valor em Wikidata
Tipoaeroespacial e defensa
Fundación1937
LocalizaciónEstocolmo
Produtossistemas de control de tráfico aéreo
cazas
avións militares
sistemas militares
radares
Número de empregados15 465 (2016)[1]
Na rede
http://www.saabgroup.com/
Facebook: saab Twitter: Saab Instagram: saab Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Saab Group (orixinalmente Svenska Aeroplan AB e posteriormente SAAB e Saab AB) é unha compañía de defensa e aviación sueca fundada no ano 1937. Dende 1947 ata 1990 foi a compañía matriz do fabricante de coches Saab Automobile. Entre 1968 e 1995 a compañía estivo fusionada con Scania-Vabis, sendo coñecida como Saab-Scania. As dúas empresas separáronse coa chegada do novo dono de Saab, Investor AB. A pesar da separación, tanto Saab como Scania comparten o dereito de usar o logotipo do grifón,[2] que procede do escudo de armas da rexión sueca de Escania.

Historia

[editar | editar a fonte]

Svenska Aeroplan AB (SAAB) fundouse no ano 1937 en Trollhättan. Coa fusión de Svenska Aero AB (SAAB) e a compañía baseada en Linköping ASJA[3] no ano 1939, a sede trasladouse a esta cidade.

Orixinalmente a compañía dedicouse á fabricación de avións pero comezou a diversificar os seus negocios. A finais dos anos 40 Saab empezou a fabricar coches coa súa división Saab Automobile, baseada en Trollhättan. O seu primeiro coche foi o Saab 92 que comezou a fabricarse a grande escala o 12 de decembro de 1949 baseado no prototipo Ursaab.[4]

A finais dos ano 50 Saab aventurouse no mercado dos ordenadores con Datasaab. A compañía foi parcialmente resultado da necesidade de fabricar un ordenador o suficientemente pequeno como para ser montado nun avión como equipo de navegación. Durante os anos 60 desenvolveu varios ordenadores que foron vendidos a países europeos para usos como a banca. O ordenador de aviación CK 37 foi utilizado en 1971 no Viggen. A compañís foi vendida en 1975 a Sperry UNIVAC, mentres que Saab retivo os seus desenvolvementos en ordenadores de voo.

En maio de 1965 o nome da compañía cambiou a Saab AB para reflectir o seu amplo rango de actividades.[3] En 1968 Saab AB fusionouse co fabricante sueco de camións, autobuses e motores Scania-Vabis,[5] converténdose en Saab-Scania AB.

En 1990 General Motors mercou o 51% de Saab Automobile, e fíxose co resto da división de coches unha década despois. En 1991 Investor AB completou unha compra apalancada de Saab-Scania AB facéndose con todas as súas accións en circulaciónpor uns 21 000 millóns de coroas suecas.[6] Saab-Scania converteuse nunha subsidiaria de Investor AB e a compañía foi eliminada do rexistro.[7]

En 1995 Saab-Scania foi dividida por Investor AB en dúas compañía independente, eliminando a fusión entre Scania AB e Saab AB. A intención da compañía matriz era ampliar posteriormente a propiedade nas dúas empresas.[8] Tras a venda do 50% de Saab Automobile AB a General Motors, a principal razón tras a fusión con Scania-Vabis en 1968 desaparecera.

Saab Military Aircraft e British Aerospace (agora BAE Systems) formaron en 1995 a empresa conxunta Saab-BAe Gripen AB para fabricar, comercializar e apoiar internacionalmente ao Gripen. Esta cooperación ampliouse en 2001 coa creación de Gripen International para o mesmo propósito.[5]

Dende 1998 ata 2005 o maior accionista en Saab foi BAE Systems, despois de que o seu predecesor, mercase un 35% das accións a Investor AB. En xaneiro de 2005 BAE Systems reducíu a súa participación ao 20%, mentres Investor AB mantiña outro 20%.

O 16 de novembro de 1999 Saab anunciou a súa intención de mercar Celsius AB. finalizando a súa adquisición a principios de marzo do ano seguinte.[9]

En decembro de 2005 Saab uniuse ao proxecto do vehículo aéreo no tripulado furtivo Dassault nEUROn como un dos socios principais.

En 2010 a compañía reestruturouse, pasando de quince unidades de negocio a cinco: aeronáutica, dinámica, sistemas de defensa electrónica, solucións de seguridade e defensa, e apoio e servizos.[10] Segundo Saab, a reestruturación levouse a cabo para orientarse mellor cara ao mercado e os clientes.

En marzo de 2010 BAE Systems vendeu a metade do seu 20% das accións na compañía a Investor AB, que entón se converteu no principal accionista.[11] En xuño de 2011 a compañía británica vendeu o resto das súas accións chegando ao final de 16 anos de relación con Saab.[12]

Produtos

[editar | editar a fonte]

Avións militares

[editar | editar a fonte]

Proxectos de avións militares cancelados

[editar | editar a fonte]

Avións civís

[editar | editar a fonte]

Avións experimentais

[editar | editar a fonte]

Vehículos aéreos non tripulados

[editar | editar a fonte]

Mísiles

[editar | editar a fonte]

Sistemas de xestión de combate naval

[editar | editar a fonte]

Notas

[editar | editar a fonte]
  1. Saab Group (ed.). "Annual and Sustainability Report 2016" (PDF). Consultado o 29 de maio de 2018. 
  2. Brand New (ed.). "Saab’s Griffin Caught Between a Rock and a Hard Place". Consultado o 29 de maio de 2018. 
  3. 3,0 3,1 Gunston, Bill (2005). Sutton Publishing, ed. World Encyclopedia of Aircraft Manufacturers, 2nd Edition. Gloucestershire. p. 164. ISBN 0-7509-3981-8. 
  4. Chapman, Giles (2009). Dorling Kindersley Limited, ed. The Illustrated Encyclopedia of Extraordinary Automobiles. ISBN 9781405336956. 
  5. 5,0 5,1 Swedecar (ed.). "Saab History". Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2018. Consultado o 31 de maio de 2018. 
  6. Funding Universe (ed.). "Saab Automobile AB History". Consultado o 31 de maio de 2018. 
  7. Scania (ed.). "Financial history". Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2019. Consultado o 31 de maio de 2018. 
  8. Investor AB (ed.). "Annual report 1998" (PDF). Consultado o 31 de maio de 2018. 
  9. Saab Group (ed.). "Saab has acquired further shares in Celsius". Archived from the original on 17 de febreiro de 2015. Consultado o 31 de maio de 2018. 
  10. Saab Group (ed.). "Business areas". Consultado o 31 de maio de 2018. 
  11. The Telegraph (ed.). "BAE Systems sells 10pc stake in Saab". Consultado o 31 de maio de 2018. 
  12. Financial Times (ed.). "BAE offloads Saab aerospace stake". Archived from the original on 27 de abril de 2012. Consultado o 31 de maio de 2018. 
  13. Robotpig (ed.). "SAAB new stealth fighter program". Consultado o 5 de xuño de 2018. 
  14. Flight Global (ed.). "Saab plots bright future for Gripen programme". Consultado o 5 de xuño de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]