Serantes
Igrexa de San Salvador de Serantes.
ConcelloFerrol[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°29′55″N 8°14′42″O / 43.49856944, -8.24495833Coordenadas: 43°29′55″N 8°14′42″O / 43.49856944, -8.24495833
Poboación1.742 hab. (2018)
Entidades de poboación9[1]
editar datos en Wikidata ]

San Salvador de Serantes é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Ferrol na comarca de Ferrol. Segundo o IGE en 2018 tiña 1.742 habitantes (882 mulleres e 860 homes) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.066 habitantes.

Historia

A parroquia de San Salvador de Serantes foi a capital do concello de Serantes. En 1972 inaugurouse en Serantes a Escola Universitaria Politécnica de enxeñería naval e industrial.

Patrimonio

Debuxo do petróglifo de Chamorro (Serantes).

A ermida de Chamorro, construída no século XVI, está situada na aba do monte do mesmo nome e desde o seu adro, a 175 m de altitude, contémplase unha magnífica vista panorámica da comarca ferrolá, co val de Serantes en primeiro termo e ao fondo a cidade de Ferrol. A porta está situada nun lateral, ao que se engadiu un beiril para integrar a peaña coa estatua da Virxe, chamada do Nordés, parece ser románica do século XII. Neste lugar celébrase unha concorrida romaría o luns de Pascua, desde o ano 1628, como acción de grazas a Virxe pola súa intersección nun forte temporal.

Na zona na que está ermida hai varios petróglifos[2][3].

Galería de imaxes

Lugares e parroquias

Lugares de Serantes

Lugares da parroquia de Serantes no concello de Ferrol

Aneiros | Avenida do 19 de Febreiro | Bosque | Catabois | Os Corrás | O Coto | A Malata | Pazos | Serantellos | Viladóniga | Vilasanche


Parroquias de Ferrol

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Ferrol

Brión (Santa María) | A Cabana (Santo Antonio) | Covas (San Martiño) | Doniños (San Román) | Esmelle (San Xoán) | Ferrol | A Graña (Santa Rosa de Viterbo) | Leixa (San Pedro) | Mandiá (Santa Uxía) | Marmancón (San Pedro) | San Xurxo da Mariña (San Xurxo) | Santa Cecilia de Trasancos (Santa Cecilia) | Serantes (San Salvador)

Notas

  1. 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
  2. "ANTIGUA Y MEDIEVAL: Aparecen en Chamorro petroglifos que podrían aume…". archive.is. 2012-12-18. Archived from the original on 18 de decembro de 2012. Consultado o 2020-04-17. 
  3. O Petroglifo de Chamorro (San Salvador de Serantes, Ferrol) Juan A. Carneiro Rey, Ramón Fábregas Valcarce Gallaecia, ISSN 0211-8653, Nº 22, 2003 , págs. 73-86

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos