Tabeaio | |
---|---|
Igrexa de San Martiño de Tabeaio. | |
Concello | Carral[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°14′54″N 8°21′34″O / 43.2483, -8.3595Coordenadas: 43°14′54″N 8°21′34″O / 43.2483, -8.3595 |
Poboación | 829 hab. (2020) |
Entidades de poboación | 19[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Martiño de Tabeaio é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Carral. Segundo o IGE en 2016 tiña 834 habitantes (408 mulleres e 426 homes), distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 866 habitantes.
Tabeaio podería ser un topónimo latino ligado á auga ou ríos. Podería facer referencia a "tabeado", ou pontes de madeira.[2][3]
En Tabeaio existiu un pazo do que procede o escudo dos Figueroa hoxe no Pazo de Reboredo. A igrexa de San Martiño de Tabeaio ten un retablo tardo-barroco.
A parroquia celebra as festas de santa Isabel a primeira semana de xullo e o san Martiño o 11 de novembro.
Lugares da parroquia de Tabeaio no concello de Carral (A Coruña) | |
---|---|
A Aspra | A Azoreira | Belvís | A Brexa | Cambela | O Corpo Santo | Os Currás | A Eirexa | Esperón | Gosende | A Lameira | O Lodeiro | O Pedrido | O Piñeiro | O Piñeiro de Arriba | As Salgueiras | Sobrepiñeiro | A Tarroeira | Vilamouro | Vista Real |