Coordenadas: 42°17′14″N 6°48′18″O / 42.28718, -6.80510
Teixedal de Casaio | |||
---|---|---|---|
Marco Legal | |||
Figura de Protección: | Árbores senlleiras | ||
Ano de constitución: | |||
Superficie: | |||
Lexislación: | |||
Datos de interese | |||
País: | Galicia | ||
Provincias: | Ourense | ||
Concellos: | Carballeda de Valdeorras | ||
Ríos: | |||
Picos | |||
Direccións de interese: | |||
Teléfonos: |
O teixedal de Casaio, coñecido tamén como O Teixadal, é un pequeno bosque de teixos situado na parroquia de Casaio no municipio de Carballeda de Valdeorras (provincia de Ourense). Forma parte da zona especial de conservación (ZEC) de Pena Trevinca, case no linde coas provincias de León e Zamora. É un bosque de difícil acceso.[1][2]
É un dos poucos bosques naturais de teixos existentes en Europa xa que esta é unha árbore que adoita medrar illada. Ten ó redor de 300 teixos, a maioría deles centenarios, e ocupa unhas 6 hectáreas. Conviven con outras especies como acivros, abeleiras, ou freixos.