The Rock | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Rock |
Director | Michael Bay |
Produtor |
|
Guión |
|
Intérpretes |
|
Música |
|
Fotografía | John Schwartzman |
Montaxe | Richard Francis-Bruce |
Estudio |
|
Distribuidora | Buena Vista Pictures Distribution |
Estrea | 7 de xuño de 1996 |
Duración | 136 minutos[3] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Acción |
Orzamento | 75 millóns de dólares[4] |
Recadación | 335,1 millóns de dólares[4] |
Na rede | |
|
The Rock é un filme estadounidense de 1996 dirixido por Michael Bay. É un filme de acción que primeiramente transcorre na illa de Alcatraz, e na baía de San Francisco. Está protagonizado por Sean Connery, Nicolas Cage e Ed Harris. Foi producido por Don Simpson, Jerry Bruckheimer e lanzado pola Disney's Hollywood Pictures. O filme está dedicado ao produtor Don Simpsom que morreu antes do lanzamento do filme.[5]
Un xeneral (Ed Harris), heroe na Guerra do Vietnam, e os seus comandados apodéranse de poderosas armas químicas e instálanse na prisión de Alcatraz, con 81 reféns. Dende alá, ameazan con disparar as armas sobre San Francisco se 100 millóns de dólares non fosen pagos, sendo que gran parte desta contía será para doar ás familias de soldados americanos que morreran en misións secretas e nunca foran recoñecidas pola patria. Para combatelos, un grupo de elite é mandado para a illa e entre eles está un especialista novo en armas bioquímicas (Nicolas Cage) e o único home (Sean Connery) que escapou do presidio, só que agora terá que entrar e, se é posíbel, completar a súa misión e saír vivo.