O Cartulario ou Tombo de Caaveiro é un conxunto de documentos pertencentes ao Mosteiro de Caaveiro que se conservan na sección de Códices do Arquivo Histórico Nacional co número 1439 B. Consta de 114 folios de pergamiño.
O Tombo de Caaveiro contén os seguintes documentos:
O documento máis antigo leva data de 10 de agosto de 714 e nel Bermudo, suposto rei de Galicia, doa ao mosteiro a vila de Bermui con todas as súas posesións e as igrexas de Santiago e San Xurxo. O documento datado máis moderno é do 8 de xullo de 1253 e corresponde a unha doazón ao mosteiro dunha herdanza en Maniños. Amais hai 12 documentos sen datar. Non hai documentación correspondente aos anos comprendidos entre o 937 e o 1062, probabelmente debido a un incendio que afectou ao arquivo, aínda que outra hipótese é a interrución temporal da vida monacal durante eses anos.