VG-1.1 Vía de Alta Capacidade do Barbanza | |
---|---|
Vista do viaduto da ría de Arousa (700 m) no 2005. | |
Tipoloxía | vía para automóbiles |
Rede | Rede de estradas de Galicia |
Dimensións | |
Lonxitude | 40,06 km |
Localización | |
Inicio | N-550 Padrón |
Fin | AC-550 Ribeira |
Circulación | |
Velocidade máxima | 100 km/h |
A Vía de Alta Capacidade do Barbanza foi unha vía para automóbiles da Xunta de Galicia que discorría entre Padrón e Ribeira, deseñada como unha estrada limitada a 100 km/h (velocidade máxima para vías de alta capacidade e altas prestacións, 90 km/h na actualidade). O percorrido contaba cun total de 40,06 quilómetros e 1 só carril en cada sentido.
Como precedente á construción desta vía para automóbiles, a finais do ano 1984,[1] comezaron as obras do tramo, non proxectado coma "vía rápida", senón, coma unha variante ó sur de Padrón para desconxestionar o tráfico entre a travesía de Lestrobe (conexión coa estrada nacional N-550) e a estrada comarcal C-550 duns 1,6 quilómetros de lonxitude. Nesta primeira intervención non se fixo a conexión coa autoestrada do Atlántico AP-9 que, posteriormente, foi inaugurada a finais do ano 1990,[2][3] enlazando co tramo de Santiago de Compostela (sur)-Padrón. Esta antedita variante foi inaugurada por Gerardo Fernández Albor, o 29 de outubro de 1985[4] contado cun investimento duns 311 millóns de pesetas.
A finais de 1989[5][6] comezaron as obras do tramo Dodro-Rianxo como primeiro tramo duns 10,8 quilómetros de lonxitude, proxectada como "autovía comarcal" que logo se modificou a "vía comarcal" e foi inaugurado por Xosé Cuíña, o 22 de abril de 1992,[7][8] cun investimento duns 775 169 640 de pesetas. Os dous seguintes tramos, Boiro-A Pobra do Caramiñal e A Pobra do Caramiñal-Ribeira duns 17 quilómetros de lonxitude foron inaugurados por Manuel Fraga o 30 de xullo de 1994,[9] cun investimento de máis de 2 200 millóns de pesetas. O seguinte tramo Rianxo-Boiro que completaba o percorrido sen o acceso directo á autoestrada do Atlántico AP-9 e N-550, foi inaugurado o 11 de novembro de 1994[10][11] e contou cuns 6,5 quilómetros de lonxitude e un investimento duns 1 800 millóns de pesetas.
O derradeiro tramo, a conexión coa variante sur de Padrón, co tramo Padrón-Dodro foi inaugurado por Manuel Fraga, o 23 de xuño de 2001,[12][13][14] duns 9 quilómetros de lonxitude e un investimento duns 1 600 millóns de pesetas (9 616 540 €), á parte duns 1,6 quilómetros da variante sur de Padrón que foi reformada para transformala en vía de alta capacidade.
O 16 de decembro de 2008,[15][16][17][18] tras varios tramos parciais, o percorrido completo foi transformado en autovía AG-11 na súa totalidade dende Padrón ata Ribeira; despois de 23 anos como vía rápida deixou de figurar oficialmente na lista da Rede de estradas de Galicia.
A vía rápida do Barbanza foi dende a súa posta en servizo no ano 1992 unha das vías máis perigosas de Galicia,[19] cun total de 56 mortos ata a súa conversión en autovía no ano 2008.[20][21][22][23]
Denominación | Tramo | Quilómetros | Ano de entrada en servizo |
---|---|---|---|
Variante sur de Padrón | N-550 Padrón - AC-305 AC-307 Lestrobe | 1,6 | 1985[4][24] |
Enlace coa autoestrada do Atlántico AP-9 | 1990[2][3] | ||
VG-1.1 | N-550 Padrón - AC-305 AC-307 Lestrobe | 2001[12][13][14] | |
AC-307 AC-305 Lestrobe - AC-305 Bexo | 8 | ||
VG-1.1 | AC-305 Bexo - DP-7204 Taragoña | 10,8 | 1992[7][8] |
VG-1.1 | DP-7204 Taragoña - AC-305 Boiro | 4,2 | 1994[10][11] |
VG-1.1 | AC-305 Boiro - AC-550 DP-7301 Ribeira | 17 | 1994[9] |
Denominación | Tramo | Quilómetros | Ano de entrada en servizo |
---|---|---|---|
AG-11 | N-550 AP-9 Padrón - AC-305 AC-307 Lestrobe | 1,5 | 1 carril por sentido: 2008[25][26][27] |
2 carrís por sentido: 2008[15][16][17][18] | |||
AG-11 | AC-305 AC-307 Lestrobe - DP-7203 Rianxo | 15,5 | 1 carril por sentido: 2008[25][26][27] |
2 carrís por sentido: 2008[15][16][17][18] | |||
AG-11 | DP-7203 Rianxo - AC-305 Boiro | 6 | 1 carril por sentido: 2008[28][29][30] |
2 carrís por sentido: 2008[15][16][17][18] | |||
AG-11 | AC-305 Boiro - DP-7310 Palmeira | 15 | 1 carril por sentido: 2008[31][32][33][34] |
2 carrís por sentido: 2008[15][16][17][18] | |||
AG-11 | DP-7301 Palmeira - AC-550 DP-7301 Ribeira | 2 | 1 carril por sentido: 2008[25][26][27] |
2 carrís por sentido: 2008[15][16][17][18] |