Vilareda | |
---|---|
Igrexa de San Pedro de Vilareda. | |
Concello | Palas de Rei[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°50′57″N 7°51′41″O / 42.84925, -7.8613888888889Coordenadas: 42°50′57″N 7°51′41″O / 42.84925, -7.8613888888889 |
Poboación | 112 hab. (2020) |
Entidades de poboación | 8[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Pedro de Vilareda é unha parroquia do concello de Palas de Rei, na comarca da Ulloa. Segundo o IGE en 2013 tiña 132 habitantes (68 homes e 64 mulleres), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 159 habitantes..
Linda co concello de Monterroso. É unha das máis extensas do concello.
A súa igrexa, na hora a San Pedro e a Virxe dos Desamparados, é, como todas as da zona, románica, posiblemente do século XII. A lagoa de Vilareda foir recuberta de cascallo en agosto de 2003[2].
As súas festas celébranse a mediados de agosto.
Lugares da parroquia de Vilareda no concello de Palas de Rei (Lugo) | |
---|---|
Agrolento | Carballido | Mourices | Outeiriño | Outeiro | Puricelas | Rumín | Vilareda |