Dámosche a benvida ao Wikiproxecto artigos de paneis, no que está invitada a participar toda a comunidade de usuarios e usuarias.
Moitos monumentos, e outros lugares de interese, ao longo da xeografía, están iluminados por paneis instalados na vía pública por diferentes institucións. A información que hai neles, ás veces extensa, é de dominio público acolléndose á liberdade de panorama[1], reflectida na lexislación de moitos países. Xa que logo, por exemplo en España:
|
O obxectivo deste wikiproxecto é crear artigos novos na Wikipedia en galego, transcribindo a información reflectida neses paneis. O que non quita que eses mesmos artigos sexan ampliados, engadíndolle máis contidos (achegando outras referencias, fotografías...).
A inscrición non é necesaria. Aqueles participantes que desexen aumentar a visibilidade do wikiproxecto, dende a súa páxina de usuario, poden facelo mediante a inclusión do modelo ((Usuario artigos de paneis)) ou o ((atallo|WP PANEIS)), indistintamente.
Na conversa desta mesma páxina.
Arquitectura | ||
---|---|---|
Biografías | ||
Ciencias Naturais | ||
Ciencias Sociais | ||
Deportes | ||
Filoloxía | ||
Galipedia | ||
Historia | ||
Música | ||
Relixión | ||
Sociedade | ||
Xeografía |