Xherdan Shaqiri,[1] nado en Gjilan o 10 de outubro de 1991, é un futbolista suízo que xoga como centrocampista no Olympique de Lión da Ligue 1 francesa e mais na selección suíza.
Naceu en Kosovo, na época parte de Iugoslavia, de pais albanokosovares,[2] e emigrou a Suíza cos seus pais e tres irmáns en 1992.[3]
En 2001 principiou a xogar cos equipos xuvenís do FC Basel chegando ao primeiro equipo na tempada 2009/10 con só 18 anos. Suplente nos inicios, logrou un posto no once titular logo da marcha de Eren Derdiyok ao Bayer Leverkusen, e conseguiu tres títulos da liga suíza. En febreiro de 2012 foi traspasado ao Bayern München, onde xogou durante tres anos, antes de ser fichado en xaneiro de 2015 polo Inter de Milán por 15 millóns de euros. Xogou só sete meses no club italiano, sendo traspasado ese mesmo ano ao Stoke City por 12 millóns de libras.
É internacional absoluto coa selección suíza dende 2010. Participou co seu país nas Copas do Mundo de 2010, 2014 e 2018, e tamén nas Eurocopas de 2016 e 2020.[4]