Eudoxia Neira | |
Actualmente no cargo | |
Dende o 2009 | |
Concelleira de Transportes e Mobilidade do Goberno Municipal
| |
2009 – 2011 | |
Precedido por | José Nogueira |
Sucedido por | Julio Flores |
Datos persoais
| |
Nacemento | 1975 A Coruña, ![]() |
Partido | PSdeG-PSOE |
Alcume | Yoya |
Profesión | Política |
Residencia | A Coruña |
Eudoxia María Neira Fernández, alcumada 'Yoya',[1] nada na Coruña en 1975 é unha política coruñesa do PSdeG-PSOE.
Avogada. Afiliouse ao PSdeG-PSOE en 1996[2], foi asesora do Concello da Coruña e após a renuncia de Mar Barcón á súa acta de concelleira, asumiu a concellaría de Transportes e Mobilidade en febreiro de 2009, cargo que ocuparía até o ano 2011[3].
Desde entón ocupa as bancadas da oposición na corporación municipal tras ser elixida tanto nas eleccións municipais de 2011 coma nas de 2015. Dende decembro de 2018, é a voceira do grupo socialista no Concello coruñés. Pertenceu a distintos órganos de dirección do PSOE no ámbito local e autonómico. Casada e nai de tres fillos. Compaxina a actividade política coa súa profesión de avogada en exercicio.