.ax
Tipodominio de nivel superior xeográfico
Data de fundación2006
EnÅland
PaísFinlandia
Na rede
http://www.regeringen.ax/axreg/
editar datos en Wikidata ]

.ax é o Dominio de Nivel Superior xeográfico (ccTLD) para as Illas Åland, introducido no 2006. Previamente, a maioría das páxinas web de Åland estaban baixo o subdominio .aland.fi.

Historia

[editar | editar a fonte]

O 17 de febreiro de 2006, o parlamento finlandés aprobaba unha modificación das leis de regulación dos nomes de dominios fineses para incluír o .ax como dominio de nivel superior. Durante tres anos, o subdominio aland.fi sería sendo mudado mentres se empregaba o .ax, sen que se aceptasen máis rexistros baixo o subdominio aland.fi.

O 17 de marzo de 2006, o presidente de Finlandia Tarja Halonen asinaba a modificación como lei, tornándose efectiva o 27 de marzo de 2006. O goberno de Åland comezou a aceptar rexistros inmediatamente despois de cambiarse a lei.

O 9 de xuño de 2006, o ICANN aprobou delegar o dominio .ax para o goberno de Åland. O .ax foi adherido á root zone o 21 de xuño de 2006, e tornouse activo o 15 de agosto de 2006.

Requirimentos de rexistro

[editar | editar a fonte]

Os nomes de dominio poden ser outorgados a:

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]