120 Battements par minute | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | 120 Battements par minute |
Director | Robin Campillo |
Produtor | Hugues Charbonneau Marie-Ange Luciani Jacques Audiard |
Guión | Robin Campillo Philippe Mangeot |
Intérpretes | Nahuel Pérez Biscayart Arnaud Valois Adèle Haenel Antoine Reinartz |
Música | Arnaud Rebotini |
Fotografía | Jeanne Lapoirie |
Montaxe | Robin Campillo Anita Roth Stephanie Leger |
Estudio | Les Films de Pierre France 3 Cinéma Page 114 Memento Films FD Production |
Distribuidora | Memento Films |
Estrea | Festival de Cannes: 20 de maio de 2017![]() |
Duración | 140 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Drama |
Orzamento | 6,2 millóns de dólares[1] |
Recadación | 7,7 millóns de dólares[2] |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
120 Battements par minute é un filme francés de 2017 dirixido por Robin Campillo e protagonizado por Nahuel Pérez Biscayart, Arnaud Valois e Adèle Haenel. O filme conta a hiatoria do activismo pola SIDA de ACT UP Paris na década de 1990 en Francia. Campillo e o coguionista Philippe Mangeot baseáronse nas súas experiencias persoais con ACT UP no desenvolvemento da historia.
Estreouse internacionalmente no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2017. En Cannes obtivo a aclamación da crítica e catro premios, incluíndo o Gran Premio. Foi escollido como candidato de Francia ó Óscar ó mellor filme internacional na 90ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
A principios da década de 1990, un grupo de activistas pola SIDA asociados coa sección parisiense de ACT UP dedícase a realizar accións para loitar contra a epidemia da SIDA. Aínda que o goberno francés declaou a súa intención de apoiar os enfermos, a organización protesta en público pola súa inactividade, acusándoo de censurar e minimizar a loita contra a doenza. Cando a compañía farmacéutica Melton Pharm anuncia os seus plan de anunciar os resultados das súas investigacións nunha importante conferencia o ano seguinte, ACT UP invade as súas oficinas con sangue falso esixindo que os publique inmediatamente. Ao mesmo tempo, dentro da organización, os seus membros debaten as estratexias do grupo.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 120 Battements par minute ![]() |