William Adolphe Bouguereau (1825–1905): Jeune fille se défendant contre l'Amour, en galego Rapaza defendéndose do Amor.

En psicoloxía a afectividade é a subsceptibilidade que o ser humano experimenta diante determinadas alteracións que se producen no mundo exterior ou no seu propio mundo e que se expresa a través do comportamento emocional, os sentimentos e as paixóns. As carencias na afectividade poden afectar gravemente á conduta do individuo.

Do latín affectus, o afecto é unha das paixóns do ánimo. Trátase da inclinación cara alguén ou algo, especialmente de amor ou cariño.

Psicoloxía

O afecto está considerado unha necesidade para todos os organismos sociais, xa que consiste nun traballo que unha persoa realiza en beneficio doutra. Por outro lado hai normas, valores, rituais e sinais afectivas que manteñen a estrutura social das persoas.

Os sinais afectivos

Os sinais afectivos exprésanse nun amplo repertorio de condutas esteriotipadas, xenética e culturalmente. A súa función é garantir a dispoñibilidade afectiva de quen as emite con respecto ao receptor. Estes sinais poden ser un sorriso, un saúdo, sinais de aceptación, o apoio etc. As ciencias que estudan este tipo de sinais son a etoloxía e a antropoloxía.

Maneiras de entender o afecto

Unha característica moi importante é que, a diferenza das emocións, o afecto é algo que se acumula. Nalgunhas circunstancias almacenamos unha maior cantidade de afecto para ofrecerlle aos demais.

Por outra parte a nosa experiencia ensínanos que dar afecto require un esforzo. Coidar, axudar ou comprender a outras persoas non pode facerse sen esforzo. Por exemplo, a ilusión dunha nova relación non nos deixa ver o esforzo que realizamos para agradar ao outro e para proporcionarlle benestar. Pero en moitos casos ese esforzo podémolo percibir coa sensación de benestar que nos porporciona. Por exemplo, coidar a alguén que está enfermo require un esforzo pero é unha forma de proporcionar afecto. Tratar de comprender a unha persoa, facela sorrir, ofrecerlle apoio forma parte do afecto. Pero este está intimamente ligado ás emocións inda que teñan as súas diferenzas. Empréganse termos semellantes para expresar unha emoción ou un afecto. Así dicimos: "síntome moi satisfeita" (emoción) ou ben "dame moita seguridade" (afecto). Parece que designamos o afecto recibido pola emoción particular que nos produce.

Os afectos en Spinoza

Segundo Baruch de Spinoza, as afeccións fundamentais son tres:

As definicións dos afectos, segundo Spinoza:[1]

Notas

  1. Spinoza, Baruch de. Ética demostrada según el orden geométrico. Fondo de Cultura Económica. ISBN 968-16-0497-0.

Véxase tamén

Outros artigos