Aisha Abd al-Rahman
Nacemento18 de novembro de 1913
Lugar de nacementoDamieta
Falecemento1 de decembro de 1998
Lugar de falecementoO Cairo
Causainfarto agudo de miocardio
NacionalidadeExipto
Alma máterUniversidade do Cairo
Ocupaciónescritora, poeta, mufassir, ensaísta, xornalista e académica
CónxuxeAmīn Khūlī
PremiosKing Faisal International Prize in Arabic Language and Literature e sen etiquetar
editar datos en Wikidata ]

Aisha Abd al-Rahman (en árabe: عائشة عبد الرحمن), nada en Damietta o 18 de novembro de 1913 e finada no Cairo o 1 de decembro de 1998, foi unha escritora e profesora exipcia, coñecida co pseudónimo de Bint al-Shati ("Filla da Ribeira").

Traxectoria

Naceu en Damietta[1], onde o seu pai daba clase no Instituto Relixioso de Domyat. Con dez anos a súa nai levouna á escola mentres o pai viaxaba. Pese á oposición paterna, a nai levouna a El Mansurah, e posteriormente Aisha estudou Lingua e literatura árabe na Universidade do Cairo, graduándose en 1939 e conseguindo un mestrado en 1941.

En 1942 comezou a traballar de inspectora de ensino de literatura árabe para o Ministerio de Educación de Exipto. En 1950 doutorouse e comezou a traballar como profesora de literatura árabe na Facultade Feminina da Universidade de Ain Shams.[2]

Escribiu ficción e biografías das primeiras mulleres musulmás, como Aminah bint Wahb (a nai) e as mulleres e irmás do profeta Mahoma. Tamén fixo crítica literaria.[3] Foi a segunda muller moderna en facer unha exexese do Corán. Non se considera a si mesma feminista, mais as súas obras reflicten a idea de que as mulleres teñen máis capacidade de analizar as obras escritas por mulleres ca os homes, porque estes son "ignorantes do instinto feminino".[4]

Casou con Amin el-Khouli, profesor seu na Universidade do Cairo. Morreu logo dun ataque ao corazón.[5] Doou a súa biblioteca persoal para fins académicos, e en 1985 unha escultura coa súa figura foi erixida no Cairo.

Obra

Autora de "máis de corenta libros e cen artigos",[6] as súas publicacións destacadazs inclúen:

Notas

  1. "Obituary: Aisha Abdul-Rahman". The Independent (en inglés). 15 de decembro de 1998. Consultado o 18 de marzo de 2018. 
  2. Parry, Melanie (ed.) (1996): Larousse Dictionary of Women. Larousse.
  3. Zeidan, Joseph T. (1995): Arab Women Novelists: The Formative Years and Beyond. State University of New York Press.
  4. Roded, Ruth (Maio de 2006). "Bint al-Shati’s Wives of the Prophet: Feminist or Feminine?". British Journal of Middle Eastern Studies 33 (1). pp. 51–66. 
  5. Associated Press (2 de decembro de 1998): "Prominent Egyptian Islamic writer, Abdul-Rahman dies at 85".
  6. Mattar, Philip (2004): Encyclopedia of the Modern Middle East & North Africa: A-C, Macmillan Reference USA, p. 475

Véxase tamén

Ligazóns externas