Albany é a capital do estado de Nova York, Estados Unidos. É, tamén, capital do condado de Albany. No ano 2000 tiña 95.658 habitantes. A cidade está situada 233 km ao noroeste de Nova York, na confluencia dos ríos Mohawk e Hudson.
Historia
Capitolio de Albany
Albany foi a segunda localidade fundada polos europeos en Nova Inglaterra, e no ano 1614 os neelandeses construíron un forte ao que deron o nome de Fort Oranje. Cando pasou a dominio británicos no ano 1664 mudou de nome para Albany como homenaxe ao duque de York e Albany. En 1754, representantes do sete colonias británicas de norteamérica atopáronse no Congreso de Albany. Benjamin Franklin, de Pensilvania, presentou o Plan de Unión de Albany, a primeira proposición firme para unir as colonias. En 1797, a capital do Estado de Nova York trasladouse dende Kingston a Albany. É sede de varias universidades.