Alberto Cereijo
Cereijo tocando na praia de Riazor en 2011.
Nome completoAlberto Manuel Cereijo Suárez
Data nacemento13 de agosto de 1967
Nado enA Coruña
Ocupaciónmúsico e instructor
XéneroRock
Instrumento(s)Guitarra
Selo(s) discográfico(s)Locomotive
Relacionado conLos Suaves
ECO
Tempo en activo1984 — presente
Na rede
www.albertocereijo.com
Musicbrainz: 26a260de-c39f-4ef9-818c-39970c56cab3 Discogs: 2747830 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Alberto Manuel Cereijo Suárez, nado na Coruña o 13 de agosto de 1967, é un músico galego. Destaca polo seus traballos de guitarrista, arranxador, composición e produción. É coñecido por ser o guitarrista solista do grupo de rock Los Suaves.

Biografía

En 1985 Cereijo iniciouse como músico, aos 17 anos, empezando a tocar en bandas locais ourensás como Alquitrán e Reina del Alba. Entre 1987 e 1990 cursou os seus estudos musicais na escola musical “Estudio”, de Santiago de Compostela, onde levou a cabo estudos de harmonía, composición, improvisación, solfexo, polirrítmia, instrumento etc., e no conservatorio oficial de música de Ourense, onde estuda guitarra, solfexo e canto coral. É durante este tempo, en 1989, cando entra a formar parte de Los Suaves como membro fixo. Durante 1990 viaxa aos Ánxeles, onde se matricula no Musical Institute de Hollywood, no departamento de Guitar Institute of Technology, graduándose en marzo de 1992. Este mesmo ano publicou o seu primeiro álbum en solitario, Work Out, para a compañía Donosti Rock.

Compaxinando o seu traballo con Los Suaves durante toda a década de 1990, en 1998 realizou un máster de tres meses, novamente no Musical Institute. En 2001 publicou o seu segundo álbum en solitario, Evasion, esta vez para o selo Locomotive Music. No ano 2003 fundou a banda de rock ECO, xunto con Tino Mojón e Roberto Espinosa, aos que máis tarde se lles uniría Diego P. Castro, publicando o seu único álbum, Réplica, en 2007. Na actualidade compaxina o seu traballo en Los Suaves e ECO.

Outros datos

Discografía

Con Los Suaves

* Ese día piensa en mí (1987)
* Maldita sea mi suerte (1991)
* Malas noticias (1993)
* Santa Compaña (1994)
* ¿Hay alguien ahí? (1995) Directo
* San Francisco Express (1997)
* Víspera de todos los santos (2000)
* Un paso atrás en el tiempo (2002) Recompilatorio
* Si yo fuera Dios (2003)
* El jardín de las delicias (2005)
* Adiós, adiós (2010)

Álbums en solitario

* Work Out (1990)
* Evasion (2001)

Con ECO

* Réplica (2007)

Véxase tamén

Ligazóns externas