Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de xaneiro de 1943 (81 anos) Miño, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lingua | Lingua castelá |
Alberto Noguerol del Río, nado en Callobre (Miño) o 12 de xaneiro de 1943, é un arquitecto galego.
Arquitecto dende 1974, ano no que se licenciou na ETSA de Barcelona. No ano 1980 crea o estudio de Arquitectura Noguerolydiez xunto coa súa esposa, Pilar Díez Vázquez, licenciada en Belas Artes pola Universidade de Barcelona. Alberto Noguerol comeza a súa andaina docente na Escola de Barcelona como profesor de Proxectos entre os anos 1978 e 1986. Dende entón impartiu clases de Proxectos na ETSA Coruña ata o 2013. Dende o 1980 numerosas exposicións, catálogos, guías de arquitectura, libros e publicacións varias teñen prestado atención á súa obra e ás súas propostas.
O seu traballo caracterízase formalmente polo emprego dunha enorme simplicidade volumétrica e visual, herdeira da tradición primeira da arquitectura do século XX.[1]