Bandeira adoptada pola Alianza do Norte

A Alianza do Norte ou Fronte Unida era unha guerrilla agrupada por diferentes faccións de grupos armados, que tiñan como obxectivo común derrocar o réxime talibán que gobernaba Afganistán.

Historia

Faccións

As faccións da alianza son heteroxéneas: abranguen dende prosoviéticos, membros do anterior réxime comunistas, xiítas, até outros grupos integristas, que tiñan diferenzas cos talibáns debido á súa diferente orixe étnica.

Todas están integradas por minorías marxinadas como os taxikos (que pode ser un factor para gañar o apoio de Taxaquistán para a axuda dos Estados Unidos no conflito), uzbekos (igualmente para buscar o apoio de Uzbekistán), hazaras e algúns pashtúns.

Países aliados

A Alianza do Norte gozou de axuda de Rusia, India, Irán e de todos os demais países fronteirizos, exceptuando Paquistán, que apoiou aos talibáns, até os ataques das torres xemelgas no 2001. Arabia Saudita e Emiratos Árabes Unidos, apoiaron igualmente aos talibáns até pouco antes da Guerra de Afganistán.

A Alianza do Norte foi combatida polos Estados Unidos e occidente en xeral até evidenciarse publicamente os excesos dos talibáns. Durante o réxime talibán a finais de 2001, a Alianza do Norte capturou e matou a centenares de muyaidines paquistanís, árabes, chechenos e doutros grupos armados, ademais dos propios talibáns con axuda dos Estados Unidos.

No 2005 a Alianza Norte non ten moita influencia. Tras o derrocamento dos talibáns, máis do 60% dos soldados foi desarmado polas Nacións Unidas e o exército nacional afgán. Hamid Karzai dixo que desarmaría todo o país e formaría un exército afgán forte con 70.000 homes para 2007.

Véxase tamén

Outros artigos