Alpes
Foto por satélite dos Alpes
Mapa orográfico da cordilleira.
Localización
Continente/sEuropa
País/esAustria Austria
Francia
Alemaña Alemaña
Suíza Suíza
Italia Italia
Eslovenia Eslovenia
Liechtenstein Liechtenstein
RexiónEuropa Central
Coordenadas45°50′1.0″N 6°51′54.0″L / 45.833611, -6.865000Coordenadas: 45°50′1.0″N 6°51′54.0″L / 45.833611, -6.865000
Datos
SubsistemaAlpes Occidentais, Centrais e Orientais
Principais cumesMont Blanc
Cota4.810 m msnm
Superficie190.000 km2
Lonxitude1200 km
Ancho300 km
Orientaciónleste/oeste
TipoOroxenia Alpina
RíosRío Rin
Río Ródano
Río Po

Os Alpes (alemán: Alpen; italiano: Alpi; francés: Alpes; grego: Αλπεις; occitano: Aups/Alps; romanés: Alps; eslovaco. Alpe) son o sistema de montañas máis altas e extensas situadas totalmente en Europa.[1] Exténdense dende Francia ó oeste ata Austria e Eslovenia ó leste, e dende Alemaña o norte ata Italia e Mónaco no sur así mesmo tamén atravesa a meirande parte de Suíza e Liechtenstein.[2] O seu pico máis alto é o Mont Blanc con 4.810,45 metros de altitude[3], situado na fronteira franco-italiana ou moi preto dela, xa que a masiva demarcación da fronteira nunca foi consensuada. Os Alpes forman unha barreira de 1 200 quilómetros entre o Mediterráneo e o Danubio

Debido á súa importancia de abastecemento dos caudais de ríos importantes europeos, como o Po ou o Rin, regando ricas terras de cultivo, ó seu redor situáronse desde a prehistoria diversos pobos, principalmente celtas como os borgoñóns, leucos, longobardos, helvecios e posteriormente, xermánicos no noroeste ou pobos itálicos logo da conquista da Gallia Cisalpina por Xulio César.

Hai unha organización especial para a protección dos Alpes chamado o Convenio dos Alpes.

Etimoloxía

Non se sabe de certo se foron os celtas, os romanos ou os xermanos quen bautizaron os altos picos alpinos, existindo varias etimoloxías posibles, por exemplo:

Vista do Mont Blanc desde Aiguille du Midi.

Descrición física

Son numerosas as montañas de máis de catro mil metros.

Con criterios xeolóxicos e xeográficos pódense dividir en tres sectores diferenciados:

Véxase tamén os Alpes italianos.

Xeografía

Os Alpes esténdense desde Francia no oeste ata Eslovenia no leste, e desde Italia no sur ata Alemaña no norte.

Os Alpes están situados na Europa central e teñen a forma característica dunha media lúa que se estenden en forma de arco ao longo de 800 quilómetros de leste a oeste e cun máximo de 200 km de ancho, a altura media do pico das montañas e de 2,5 km. Conten numerosos picos que superan os 4.000 metros de altitude.

Con criterios xeolóxicos e xeográficos pódense dividir en tres sectores diferenciados:

O macizo dos Alpes é un sistema de cordilleiras que se estende ao longo de máis dun milleiro de quilómetros, desde a Bocchetta di Altare en Italia, ata Viena, en Austria. Oito estados comparten este conxunto montañoso: Italia, Francia, Mónaco, Suíza, Austria, Liechtenstein, Alemaña, e Eslovenia. Con numerosos picos de máis de 4.000 metros, con ausencia de grandes pasos e invernos rigorosos, estas montañas constituíron e seguen constituíndo unha importante barreira natural. Con todo o macizo é dos máis poboados e industrializados do mundo, grazas á súa posición xeográfica no corazón da Europa da Revolución Industrial.

Límites xerais

Foto tomada por Copernicus Sentinel 3A
Foto tomada por Copernicus Sentinel 3A

A cadea alpina presenta unhas delimitacións máis ou menos claras alí onde as montañas perden altura:

Esta delimitación dos Alpes é subxectiva e aberta a discusión, xa que responde a criterios xeolóxicos, altimétricos, históricos ou políticos, segundo as zonas. Coa mesma subxectividade pódese dividir a cordilleira en Alpes Occidentais, Centrais e Orientais.

Orixe

A formación desta cordilleira é complexa, produto dunha serie de movementos tectónicos producidos durante o Mesozoico (era Secundaria, 245 a 65 millóns de anos) e o Cenozoico (na súa primeira parte, da era Terciaria), que abarcaron desde o Magreb ata os Urais. A existencia de grandes fosos mariños nestas rexións e a súa posterior pechadura debida á converxencia das placas continentais africana e europea provocou enormes pregamentos, en sentido norte e oeste primeiro, e despois en sentido sur e leste.

Estes pregamentos foron a causa de que as placas sedimentarias de superficie fosen desprazadas nas mesmas direccións que os pregamentos. Aínda así, en tempos posteriores aos movementos de compresión, déronse pregamentos de extensión, por flexión das zonas levantadas, cousa que deu lugar á difícil orografía actual dos Alpes.

Descrición física

Son numerosas as montañas de máis de catro mil metros.

Con criterios xeolóxicos e xeográficos pódense dividir en tres sectores diferenciados:

Véxase tamén os Alpes italianos.

Xeoloxía e oroxenia

Os Alpes forman unha parte dun cinto oroxénico do Terciario de cadeas montañosas, chamada cinto Alpide, que se estende polo sur de Europa e Asia dende o Atlántico ata chegar ao Himalaia. Este cinto de cadeas montañosas formouse durante a oroxenia Alpina. Un oco nesas cadeas en Europa central separa os Alpes dos Cárpatos cara ao leste. A oroxenia produciuse de forma continua e o afundimento tectónico é o culpable das brechas existentes no medio.

Os Alpes xurdiron como resultado da colisión das placas tectónicas africana e europea. Exerceuse unha enorme tensión sobre os sedimentos da conca do océano Tetis, que se atopaba ao leste das placas, e os seus estratos do Mesozoico e principios do Cenozoico foron empurrados cara á estable masa terrestre de Eurasia pola masa do norte de África. A meirande parte deste proceso ocorreu durante as épocas do Oligoceno e o Mioceno. A presión formou grandes pregos recostados, que xurdían do que era o océano Tetis que foi empurrado cara ao norte, acotío rempéndose e deslizándose as unhas sobre as outras ata formar xigantescos acabalgamentos. As rochas cristalinas do fondo, que están ao descuberto nas rexións centrais máis altas, son as rochas que formaron o Mont Blanc, o Matterhorn e os picos máis altos dos Alpes Peninos o do Hohe Tauern.

Os catromiles dos Alpes

Artigo principal: Catromiles dos Alpes.
A Barre des Écrins, 4.101 m, macizo des Écrins.
Gran Paradiso, 4.061 m, Grupo do Gran Paradiso.
O Mont Blanc é o cume máis alto dos Alpes.
As Aiguilles du Diable "Agullas do Diaño", un grupo de cinco agullas do macizo do Mont Blanc nos contrafuertes orientais do mont Blanc du Tacul. Son, da menos á máis elevada e de noroeste a sueste: L'Isolée, (4.114 m); la pointe Carmen (4.109 m); o pointe Médiane (4.097 m); o pointe Chaubert (4.074 m) e o Corne du Diable (4.064 m).
Monte Cervino / Matterhorn, 4.478 m, Alpes Peninos ou de Valais.
Dom, 4.545 m, Alpes Peninos ou de Valais.
Finsteraarhorn, 4.273,9 m, Alpes Berneses.
Piz Bernina, 4.049,1 m, Grupo do Bernina.

Así como nos Andes a elevación das montañas máis importantes pasa os seis mil metros e no Himalaia os oito mil, os Alpes como cordilleira explícase como unha sucesión de montañas de máis de catro mil metros.

Está claro que o seu número pode variar en función dos criterios con que se determine se unha elevación ou outra é un cume independente ou non. En 1994 a UIAA publicou unha lista oficial dos catromiles dos Alpes, combinando tres criterios, topográfico, morfolóxico e alpinístico. Resultou así unha lista "oficial" UIAA dos catromiles dos Alpes con 82 cimas. A UIAA aclara que a lista pretende ser principalmente para montañeiros. Polo tanto, non se basea só en criterios topográficos (que son, en calquera caso, o elemento principal), senón tamén en criterios complementarios, máis subxectivos, que poderían cambiar durante a evolución do alpinismo. Hai puntos topográficos que superan os 4.000 msnm e que, con todo, non se reputan cimas independentes porque, por exemplo, a súa prominencia é inferior aos 30 m., por iso se excluirón da lista "oficial". Así, excluíronse Il Roc (4026 msnm) cun desnivel de 28 m ou o Pic Eccles (4041 msnm) con desnivel de ao redor de 20 m. Esa lista de 82 cimas é a que se toma como referencia no alpinismo. Por exemplo cando o alpinista esloveno Miha Valič fixo as 82 cumes en solitario e no inverno en 102 días do 27 de decembro de 2006 ao 7 de abril de 2007.[4]

A lista oficial da UIAA é a seguinte

1. Macizo des Écrins: 2

2. Grupo do Gran Paradiso: 1

3. Macizo do Mont Blanc: 28

4. Alpes Peninos o do Valais: 41

5. Alpes Berneses: 9

6. Grupo do Bernina: 1

Separadamente desta lista oficial de 82 cimas, hai unha lista ampliada doutras 46 cimas por encima dos 4.000 msnm que non satisfacían os criterios de selección, ata sumar un total xeral de 128 cimas. Nela atópanse, por exemplo, Rochers de la Topurnette (4677 m) no macizo do Mont Blanc ou o Ostspitze (4632 m) dos Alpes Peninos.

Glaciares

Artigo principal: Glaciares dos Alpes.

Os glaciares alpinos actuais son restos da gran glaciación cuaternaria e continúan, ademais, en constante e rápido retroceso. Pese a isto, con datos do final do século XX, pódense contar moitos glaciares, repartidos por toda a cordilleira. Os máis extensos, de leste a oeste, son:

O glaciar Aletsch con piñeiros que crecen nas ladeiras
Zona do Mont Blanc, Mer de Glace ("Mar de Xeo") no primeiro plano.

Flora

Nos Alpes, os hábitats veñen determinados pola altitude; así, ata os 600 ou 800 metros de altura, alí onde foi posible, as terras dedicáronse aos cultivos: alfalfa, millo, trigo, uva, patacas e árbores froiteiras son os cultivos máis frecuentes.

A continuación as zonas boscosas: faias, carballos e coníferas de moitas especies, das cales hai algunhas de folla caduca que chegan, nos lugares adecuados, ata dous mil metros de altitude. En xeral, con todo, por encima dos 1.500 metros, alí onde se formou terra suficiente para soportalo, dominan os prados de herba e os pastos.

O piñeiro sen dúbida predomina nas zonas de bosque e alta montaña. Hai varias especies destes, como o piñeiro manso ou o piñeiro rubio.

Fauna

Rebezo.
Aguia real.
Salamántiga.

Os Alpes teñen unha fauna salvaxe diversa e variada que se adaptou ao relevo accidentado e ás altitudes extremas destes lugares. Desde o pé dos Alpes ata o pico máis alto que é o Mont Blanc, a fauna varía segundo a altitude. Esta cadea de montañas, no corazón de Europa, é a cordillera máis importante e máis urbanizada do mundo, pero aínda así é moi rica en biodiversidade. Algunhas especies están confinadas a ambientes de alta montaña, outras vironse obrigadas pola presión exercida polo ser humano a permanecer nos seus hábitats orixinais.

Mamíferos

Aves

Réptiles e anfibios

Clima

O clima varía dependendo das zonas altitudinais (pisos térmicos). Polo xeral, ata os 1.000 m predomina un clima temperado cunhas precipitacións de entre 500–800 mm ao ano e unhas temperaturas medias de -3 °C e 5 °C no inverno e entre 16 °C e 22 °C no verán.

A partir dos 1.000 metros de altitude as temperaturas baixan aínda máis e as precipitacións soben situándose por encima dos 1.000 mm anuais, as temperaturas medias de verán están ao redor de 10 °C no verán e entre os -10 °C e os -3 °C no inverno e as precipitacións son maioritariamente de neve de novembro a abril.

A 1.800 m debido aos efectos da altitude o clima alpino é aínda máis extremo, as precipitacións están ao redor dos 2.000 mm anuais, mentres que as temperaturas están normalmente baixo cero entre 6 e 9 meses ao ano oscilando entre os 3 °C e os 9 °C no verán e por baixo dos -8 °C no inverno, e a neve cóbreo todo de outubro a xuño.

Por encima dos 3.000 m está a zona dos glaciares e a neve perpetua con temperaturas medias mensuais case sempre por baixo dos 2 ou 0 °C.

A orientación do relevo

Nos Alpes, a orientación do relevo resulta un factor modificador do clima de enorme importancia. Como as montañas e serras e como a Cordilleira dos Alpes en xeral, oriéntanse de leste a oeste, as vertentes ou ladeiras que se orientan ao sur teñen climas moito máis cálidos e asollados (vertente de solaina) que as do norte (vertentes de avesío).

O home nos Alpes

A ocupación humana na cordilleira é relativamente moderna. Considérase que fai só uns cinco mil anos que empezaron a instalarse as primeiras poboacións permanentes. Os grandes glaciares, no seu retroceso, liberaron grandes extensións de terras chairas, cubertas co paso do tempo por sedimentos fértiles, nas dúas vertentes da cordilleira, que no seu momento serían ocupadas polo ser humano, no seu proceso de expansión.

Non é ata a época da conquista romana que se teñen datos históricos sobre a poboación humana nos Alpes. Naqueles momentos atopar habitadas por tribos de orixe celta como os nantuates, veragros, sedunos, os retianos, os salasos ou os lepontinos. As invasións romanas desde o sur e as xermánicas (longobardos) desde o norte empuxaron grupos de poboación a ocupar vales dun ou outro lado da cordilleira, atravésando os elevados portos de montaña, cousa que explica a alternancia das diversas culturas idiomáticas.

Consecuencia dos movementos de poboación son as linguas que actualmente se falan: o italiano, en pártea sur, o esloveno no sueste, o francés que domina en exclusiva a parte nor-oeste, o alemán en pártea norte e en Suíza e no Tirol.

O romanche (ou retorromano) é a lingua común na zona dos Grisóns e a parte alta do val do Rin. Esta lingua ten, ademais, numerosos dialectos, pero entre todos son apenas utilizados por unhas cincuenta mil persoas. O ladino dolomita fálase en Italia, aínda que está restrinxido practicamente á zona dos Dolomitas, e aos vales do sueste suízo. En forma de dialectos, moi mesturado co romanche e sen a categoría de lingua escrita, fálase en zonas do Tirol.

Durante todo o século XX e tamén actualmente, os Alpes convertéronse nun destino mundial de primeira orde do turismo. Co fondo paisaxístico que os caracteriza, construíronse un número importante de estacións invernais para a práctica do esquí alpino. Algunhas son moi importantes, outras só teñen un pequeno remonte, sito -é o caso de pequenos pobos nas zonas rurales de Austria- en ocasións ao mesmo patio da escola pública da localidade.

A práctica do alpinismo atrae cada verán a miles de practicantes, que permanecen, en moitos casos, a tempada enteira. De igual xeito, os amantes do sendeirismo e do trekking danse cita cada verán nos Alpes nun crecente número de practicantes. Pobos como Chamonix convértense no punto de partido de treks como o Tour do Mont Blanc ou o Tour das Agullas Vermellas.

Así mesmo, na primavera, as ascensións e travesías de esquí de montaña dan vida a pobos e refuxios remotos, en vales apartados, a miúdo fóra das correntes turísticas máis importantes.

Todas estas actividades deron lugar a unha verdadeira industria da montaña, que ademais se está levando a cabo cun notable respecto pola contorna, excepto naturalmente no caso das estacións de esquí. Esta industria está sendo moi contestada durante as últimas décadas: limitáronse as novas instalacións e retiráronse aquelas que por calquera razón quedaban fóra de servizo.

Son numerosos os grupos de carácter conservacionista e que teñen unha considerable influencia á sociedade, que velan por impedir a desnaturalización da cordilleira.

Vista panorámica.

Adscrición política

Artigo principal: Países alpinos.

Actualmente os Alpes están administrativamente repartidos entre catro estados: Francia, Suíza, Austria e Italia, polo menos con respecto aos grandes macizos, posto que tamén Mónaco, Eslovenia, Alemaña e Liechtenstein teñen dentro das súas fronteiras algúns contrafortes da importante cordilleira.

Notas

  1. Helicon, ed. (2014). "Alps". The Hutchinson unabridged encyclopedia with atlas and weather guide. Abington, United Kingdom. (require subscrición (?)). 
  2. "Alpine Convention" Arquivado 29 de xullo de 2011 en Wayback Machine.. Alpine Conferences. Consultado o 3 de agosto de 2012
  3. "Mont Blanc shrinks by 45cm in two years" (en inglés). Consultado o 22 de setembro de 2013. 
  4. "Todos los Cuatromiles de los Alpes... en invierno y solitario". Montañismo y exploración (en castelán). 18 de abril de 2007. 
  5. As cotas que indica a UIAA fíxanse en base aos seguintes criterios:
    1) para as cimas situadas no territorio dunha nación úsanse as cotas da cartogtrafía máis recente da mesma nación;
    2) para as cimas sobre a liña de fronteira con cotas diversas, indícanse as cotas das dúas nacións limítrofes.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas