Angelo Sodano
Nacemento23 de novembro de 1927
Lugar de nacementoIsola d'Asti
Falecemento27 de maio de 2022
Lugar de falecementoRoma
CausaCOVID-19
NacionalidadeItalia, Cidade do Vaticano e Reino de Italia
RelixiónIgrexa católica
Alma máterPontifícia Academia Eclesiástica, Pontificia Universidade Gregoriana e Pontifícia Universidade Lateranense
Ocupaciónteólogo, Sacerdote católico de rito romano e bispo católico
PaiGiovanni Sodano
PremiosCollar of the Order of the Star of Romania, Order of Freedom of the Republic of Slovenia, Cabaleiro da Gran Cruz da Orde ao Mérito da República Italiana, Dostyk Order of grade I, Grand Cross of the Order of Merit of the Republic of Poland, Grã-Cruz da Ordem Militar de Cristo, Grand Cross of the Order of the White Double Cross‎, Ordem da Anunciação, Knight Grand Cross of the Order of Saints Maurice and Lazarus, Order pro Merito Melitensi, Gran Cruz da Orden de Carlos lll, Medalla de Ouro de Galicia e sen etiquetar
Na rede
Find a Grave: 240227536 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Angelo Raffaele Sodano coñecido como Angelo Sodano,[1] nado en Isola d'Asti, Piamonte o 23 de novembro de 1927 e finado en Roma o 27 de maio de 2022 por Covid-19[2] [3] foi un cardeal católico italiano, decano do Colexio Cardeal entre 2005 e 2019 e Secretario de Estado da Santa Sé entre 1991 e 2006. Foi a primeira persoa desde 1828 que exerceu simultaneamente como decano e secretario de Estado.

Traxectoria

Foi cardeal secretario de Estado de 1991 a 2006, baixo os dous papas Xoán Paulo II e Bieito XVI. O 27 de abril de 2005, foi elixido para suceder a Bieito XVI como Decano do Colexio Cardeal polos seus compañeiros cardeais bispos. Sodano foi a primeira persoa desde 1828 en servir como Decano e Secretario de Estado ao mesmo tempo.

O 22 de xuño de 2006, Bieito XVI aceptou a dimisión de Sodano como secretario de Estado o 15 de setembro de 2006. Foi substituído por Tarcisio Bertone, entón arcebispo de Xénova.

Abusos

O 21 de decembro de 2019, descubriuse que Sodano era quen dirixiu os esforzos para encubrir as denuncias de abuso cando actuaba como Secretarío de Estado.[4] [5] Sodano foi acusado de buscar un acordo para enterrar documentos que detallan os abusos. O mesmo día, o papa Francisco aceptou a renuncia de Sodano como decano do Colexio Cardeal.[6]

Distincións

Entre as honras e homenaxes recibidas está a Medalla de Ouro de Galicia en 1999, outorgada pola presidencia da Xunta.[7]

Pasamento

Sodano morreu de COVID-19 o 27 de maio de 2022 nun hospital de Roma, Italia, aos 94 anos [8]

Notas

  1. A maioría de veces é citado nos medios de comunicación de masas sen o seu segundo nome, ás veces escrito con acento gráfico (p. ex Alfa y Omega; na caixa das Medallas de Galicia tamén aparece acentuado).
  2. "Muere por covid el cardenal Angelo Sodano, secretario de estado del Vaticano entre 1991 y el 2006" (en castelán). 2022-05-28. Consultado o 2022-05-29. 
  3. "Murió el influyente cardenal Angelo Sodano". 2022-05-27. Consultado o 2022-05-28. 
  4. "Legion of Christ finds 33 priests, 71 seminarian sex abusers". AP News (en inglés). 2019-12-21. Consultado o 2024-03-05. 
  5. "Cardinal (92) who ‘sought deal’ to bury sex abuse documents resigns". The Irish Times (en inglés). Consultado o 2024-03-05. 
  6. "Cardinal tainted by abuse scandals steps down as dean, pope sets term limit". Crux (en inglés). 2019-12-21. Consultado o 2024-03-05. 
  7. "Medallas de Galicia. 1999 - Portal Web - Liferay". Portal Web. Consultado o 2024-03-05. 
  8. Vaticano, è morto a 94 anni il cardinale Angelo Sodano (en italiano)

Véxase tamén

Ligazóns externas