(2018) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Anna Hélène Paquin 24 de xullo de 1982 (41 anos) Winnipeg, Canadá |
Datos persoais | |
Residencia | Venice (pt) |
País de nacionalidade | Canadá Nova Zelandia |
Educación | Windward School (en) (–2000) Universidade de Columbia Raphael House Rudolf Steiner School (en) Hutt Intermediate School (en) Windward School (en) |
Cor do pelo | Louro |
Actividade | |
Ocupación | actriz de teatro , actriz de cinema , actriz de televisión |
Período de actividade | 1993 - |
Lingua | Lingua inglesa |
Familia | |
Cónxuxe | Stephen Moyer (2010–) |
Premios
| |
|
Anna Hélène Paquin, nada en Winnipeg (Canadá) o 24 de xullo de 1982, é unha actriz neozelandesa.[1][2]
O primeiro filme co que acadou sona internacional foi The Piano, de Jane Campion, grazas ó que gañou o Óscar á mellor actriz secundaria en 1994, cando tiña once anos, converténdose deste xeito na segunda persoa máis nova en acadar este premio.[3][4] Despois do éxito en The Piano, a súa traxectoria como actriz colle folgos unha década máis tarde con papeis en filmes como She's All That, Almost Famous e X-Men, sendo neste último onde interpreta a Pícara, papel polo cal é amplamente coñecida.
Malia gañar o premio Óscar tan nova logrou manter unha carreira coherente e moita discreción na súa vida privada. Actualmente, Paquin conseguiu recoñecemento da crítica polo seu papel como Sookie Stackhouse na serie de True Blood e foi premiada co Globo de Ouro á mellor actriz en serie de televisión dramática no 2009.[5]
É filla de Mary Paquin (Brophy, apelido de solteira) mestra de inglés nada en Nova Zelandia e do canadense Brian Paquin, mestre de educación física.[6] Ten un irmán, Andrew (1977),[7] e unha irmá, Katya (1980).[8] Á idade de catro anos marchou coa súa familia a Lower Hutt en Nova Zelandia.
En 1995 produciuse o divorcio dos seus pais e cando tiña 15 anos, trasladouse coa súa nai aos Ánxeles para impulsar a súa carreira como actriz. Cando rematou o instituto trasladouse a Nova York, onde se matriculou na Universidade de Columbia e asistiu as clases durante un ano, ata que decidiu deixar os estudos para continuar como actriz. No 2001, adquiriu a nacionalidade neozelandesa, de xeito que posúe dobre nacionalidade canadense e neozelandesa, aínda que ela se considera abertamente neozelandesa.[9][10]
Está casada co seu compañeiro do elenco de actores de True Blood, Stephen Moyer, que encarnou o seu mozo tamén na ficción.[11] Anna e Stephen comezaron a saír pouco despois das audicións para a serie, pero non confirmaron a súa relación até febreiro de 2009. Seis meses despois anunciaron que estaban prometidos para casaren o 21 de agosto do seguinte ano en Malibú. Por mor da rodaxe de True Blood, Paquin trasladouse a Venice nos Ánxeles en 2007.
En 2009, Paquin interpretou a Irena Sendler, unha muller polaca heroína do Holocausto, no filme O corazón valente de Irena Sendler, un filme biográfico baseado no libro Mother of the Children of the Holocaust: The Irena Sendler Story, de Anna Mieszkowska.[12]
En 2019, tivo un papel no filme de Martin Scorsese The Irishman, que foi aclamado pola crítica.[13] Ese mesmo ano tamén produciu e protagonizou a serie de televisión Flack[14] e apareceu na serie de televisión The Affair.[15] En 2021, interpretou a muller de Kurt Warner no filme, American Underdog.[16]
Ano | Título | Personaxe | Notas | Referencias |
---|---|---|---|---|
1993 | The Piano | Flora McGrath | ||
1996 | Jane Eyre | Jane Eyre (moza) | ||
Fly Away Home | Amy Alden | |||
1997 | Amistad | Isabel II de España | ||
1998 | Hurlyburly | Donna | ||
Tenkū no Shiro Rapyuta | Sheeta (voz) | Dobraxe en inglés | ||
1999 | A Walk on the Moon | Alison Kantrowitz | ||
She's All That | Mackenzie Siler | |||
It's the Rage | Annabel Lee | |||
2000 | X-Men | Marie / Pícara | ||
Almost Famous | Polexia Aphrodisia | |||
Finding Forrester | Claire Spence | |||
2001 | Buffalo Soldiers | Robyn Lee | ||
2002 | Darkness | Regina | ||
25th Hour | Mary D'Annunzio | |||
2003 | X2 | Marie / Pícara | ||
2005 | Steamboy | James Ray Steam (voz) | Dobraxe en inglés | |
The Squid and the Whale | Lili | |||
2006 | X-Men: The Last Stand | Marie / Pícara | ||
2007 | Blue State | Chloe Hamon | Tamén foi produtora executiva | [17][18] |
Mosaic | Maggie (voz) | |||
Trick 'r Treat | Laurie | |||
2010 | The Romantics | Lila Hayes | ||
Open House | Jennie | |||
2011 | Scream 4 | Rachel | Cameo | |
Margaret | Lisa Cohen | |||
The Carrier | Kim | Curtametraxe | ||
2013 | Straight A's | Katherine | ||
Free Ride | Christina | Tamén produtora | ||
2014 | X-Men: Days of Future Past | Marie / Pícara | Cameo | |
2015 | The Good Dinosaur | Ramsey (voz) | ||
2018 | Furlough | Lily Benson | ||
The Parting Glass | Colleen | Tamén produtora | ||
Tell It to the Bees | Dr. Jean Markham | |||
2019 | The Irishman | Peggy Sheeran | ||
2021 | American Underdog | Brenda Warner | ||
2023 | True Spirit | Julie Watson | ||
TBA | A Bit of Light | Completa, aínda sen estrear | [19] |
Ano | Título | Personaxe | Notas | Referencias |
---|---|---|---|---|
1997 | The Member of the Wedding | Frankie Adams | Telefilme | |
2007 | Enterrádeme o corazón en Wounded Knee | Elaine Goodale | Telefilme | |
2008–2014 | True Blood | Sookie Stackhouse | 80 episodios | [20] |
2009 | O corazón valente de Irena Sendler | Irena Sendler | Telefilme | |
2011 | Phineas and Ferb | Kristen (voz en inglés) | Episodio: "The Curse of Candace" | |
2013 | Susanna | Katie | 6 episodios | |
2016 | Roots | Nancy Holt | Episodio: "Part 4" | |
2017 | Bellevue | Annie Ryder | 8 episodios; tamén produtora executiva | [21] |
Alias Grace | Nancy Montgomery | 5 episodios | [22] | |
Philip K. Dick's Electric Dreams | Sarah | Episodio: "Real Life" | ||
2019–presente | Flack | Robyn | 12 episodios; tamén produtora executiva | |
2019 | The Affair | Joanie Lockhart | 8 episodios | |
2021 | Modern Love | Isabelle | Episodio: "In the Waiting Room of Estranged Spouses" | |
2022 | A Friend of the Family | Mary Ann Broberg | Miniserie |
Starring Canadian-born, New Zealand actress Anna Paquin as Stackhouse
Canadian-born Kiwi Anna Paquin
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Anna Paquin |