Anthony Perkins | |
---|---|
Nacemento | 4 de abril de 1932 |
Lugar | Nova York |
Falecemento | 12 de setembro de 1992 |
Lugar | Hollywood |
Causa | pneumonía e doenza relacionada coa SIDA |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educado en | Universidade de Columbia, Rollins College, Brooks School e Buckingham Browne & Nichols School |
Pai | Osgood Perkins |
Nai | Janet Esselstyn Rane |
Cónxuxe(s) | Berry Berenson |
Fillos | Elvis Perkins e Oz Perkins |
Profesión | actor de cinema, director de cinema, cantante, guionista, actor de teatro, actor e actor de televisión |
Na rede | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Anthony Perkins, nado en Nova York o 4 de abril de 1932 e finado en Hollywood o 12 de setembro de 1992, foi un actor estadounidense de cinema e teatro, do que o seu traballo máis coñecido foi o seu papel como o asasino en serie Norman Bates no filme Psicose de Alfred Hitchcock (1960).
Perkins era fillo do actor Osgood Perkins (1891-1937) e a súa esposa Janet Esseltyn Rane. Os seus inicios no cine foron inmellorables: debutou no filme The Actress (1953), xunto a Spencer Tracy e Jean Simmons, e recibiu unha candidatura ao Óscar polo seu segundo traballo no filme Friendly Persuasion de 1956, protagonizado por Gary Cooper.
Despois rodou con varias das actrices máis destacadas: cunha moza Sophia Loren (Desire Under the Elms), Silvana Mangano (This Angry Age, 1958), baixo a dirección de René Clement, Audrey Hepburn (Green Mansions, 1959) e a debutante Jane Fonda (Tall Story).
Despois de participacións aclamadas en Broadway, como Té e simpatía con Joan Fontaine, interpretou o protagonista Norman Bates no filme Psicose.
Despois rodou Phaedra con Melina Mercouri, baixo a dirección de Jules Dassin, e realizou o papel de Joseph K. na adaptación ao cinema da obra de Franz Kafka O proceso, dirixida por Orson Welles. Tamén protagonizou Le scandale de Claude Chabrol e participou na superprodución Arde París? (1966) de René Clement. Posteriormente Perkins regresou aos Estados Unidos para realizar o papel dun mozo asasino en Pretty Poison (1968), o cal afectou o resto da súa carreira cinematográfica, que na década de 1970 entrou en declive. A pesar de todo, participou en filmes tan destacados como The Life and Times of Judge Roy Bean de John Huston, Asasinato no Orient Express (1974) e Mahogany (1975). Tamén coescribiu o guión do filme The Last of Sheila (1973) xunto co compositor Stephen Sondheim.
Aínda que a súa actividade no cinema perdeu forza nos anos setenta, Perkins seguiu gozando de éxito nos escenarios de Broadway: en 1974 con Equus, e en 1979 con Romantic Comedy, montaxe teatral que case chegou ás 400 representacións.
Protagonizou nos anos 1980 as secuelas e a precuela de Psicose: Psycho II (que foi un grande éxito de público), Psycho III (que dirixiu el mesmo) e Psycho IV: The Beginning. A pesar do éxito, a maioría dos seus traballos posteriores foron en telefilmes.
En 1991 recibiu o Premio Donostia á súa carreira, outorgado polo Festival de Cinema de Donostia. Nesas datas rodou o filme español Los gusanos no llevan bufanda, comedia dirixida por Javier Elorrieta.
Perkins foi diagnosticado co VIH durante a rodaxe de Psycho IV: The Beginning, e faleceu na súa casa dos Ánxeles o 12 de setembro de 1992 por unha pneumonía relacionada coa SIDA[1][2][3] con 60 anos.[4] A súa urna, coa inscrición "Don't Fence Me In", está nun altar nunha terraza da súa casa nos outeiros de Hollywood.[5]
Perkins era extremadamente tímido, especialmente en compañía das mulleres.[6] Segundo a súa biografía póstuma Split Image de Charles Winecoff, tivo exclusivamente relacións homosexuais ata finais da trintena, incluídos o actor Tab Hunter, o artista Christopher Makos, o bailarín Rudolf Nureyev, o compositor Stephen Sondheim e o coreógrafo Grover Dale.[7] Perkins tamén foi descrito como un dos dous grandes homes na vida do compositor francés Patrick Loiseau.[8]
Perkins tivo a súa primeira experiencia heterosexual aos 39 anos coa actriz Victoria Principal[9][10] durante a rodaxe de The Life and Times of Judge Roy Bean en 1971.[6][11] Coñeceu a fotógrafa Berinthia "Berry" Berenson, irmá máis nova da actriz e modelo Marisa Berenson, nunha festa en Manhattan en 1972.[6] Casaron cando el tiña 41 anos e ela 25, o 9 de agosto de 1973 e tiveron dous fillos, o director Oz Perkins (nado en 1974) e o músico Elvis Perkins (nado en 1976).[12] Perkins e Berenson permaneceron casados ata a súa morte. En 2001, o día antes do noveno cabodano de Perkins, a súa esposa faleceu aos 53 anos nos atentados do 11 de setembro a bordo do voo 11 de American Airlines mentres volvía á súa casa a California tras unhas vacacións no Cabo Cod.[13]
Ano | Título | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|
1953 | The Actress | Fred Whitmarsh | |
1956 | Friendly Persuasion | Josh Birdwell | |
1957 | Fear Strikes Out | Jim Piersall | |
1957 | The Lonely Man | Riley Wade | |
1957 | The Tin Star | Sheriff Ben Owens | |
1957 | This Angry Age | Joseph Dufresne | Título alternativo: The Sea Wall |
1958 | Desire Under the Elms | Eben Cabot | |
1958 | The Matchmaker | Cornelius Hackl | |
1959 | Green Mansions | Abel | |
1959 | On the Beach | Tte. Peter Holmes – Royal Australian Navy | |
1960 | Tall Story | Ray Blent | |
1960 | Psycho | Norman Bates | |
1961 | Goodbye Again | Philip Van der Besh | |
1962 | Phaedra | Alexis | |
1962 | Five Miles to Midnight | Robert Macklin | |
1962 | The Trial | Josef K | |
1963 | Le glaive et la balance | Johnny Parsons | |
1964 | Une ravissante idiote | Harry Compton / Nicholas Maukouline | |
1965 | The Fool Killer | Milo Bogardus | |
1966 | Arde París? | Sgt. Warren | |
1967 | Le scandale | Christopher Belling | |
1968 | Pretty Poison | Dennis Pitt | |
1970 | Catch-22 | Chaplain Tappman | |
1970 | WUSA | Rainey | |
1970 | How Awful About Allan | Allan Colleigh | Telefilme |
1971 | Alguén detrás da porta | Laurence Jeffries | |
1971 | A década prodixiosa | Charles Van Horn | |
1972 | Play It as It Lays | B.Z. Mendenhall | |
1972 | The Life and Times of Judge Roy Bean | Reverend LaSalle | |
1973 | The Last of Sheila | — | Coguionista con Stephen Sondheim |
1974 | Lovin' Molly | Gid Frye | |
1974 | Asasinato do Orient Express | Hector McQueen | |
1975 | Mahogany | Sean McAvoy | |
1978 | Remember My Name | Neil Curry | |
1978 | First, You Cry | Arthur Heroz | Telefilme |
1978 | Les Misérables | Javert | Telefilme |
1979 | Winter Kills | John Cerruti | |
1979 | Twee vrouwen | Alfred Boeken | |
1979 | The Black Hole | Dr. Alex Durant | |
1980 | North Sea Hijack | Lou Kramer | Títulos alternativos: ffolkes e Assault Force |
1980 | Deadly Companion | Lawrence Miles | Título alternativo: Double Negative |
1983 | The Sins of Dorian Gray | Henry Lord | Telefilme |
1983 | Psycho II | Norman Bates | |
1984 | Crimes of Passion | Reverend Peter Shayne | |
1986 | Psycho III | Norman Bates | Tamén director |
1988 | Destroyer | Robert Edwards | |
1988 | Lucky Stiff | — | Director |
1989 | Edge of Sanity | Dr. Henry Jekyll / Jack "The Ripper" Hyde | |
1990 | Daughter of Darkness | Anton / Prince Constantine | Telefilme |
1990 | I'm Dangerous Tonight | Professor Buchanan | Telefilme |
1990 | Psycho IV: The Beginning | Norman Bates | Telefilme |
1991 | A Demon in My View | Arthur Johnson | |
1992 | Los gusanos no llevan bufanda | El Mecano | |
1992 | In the Deep Woods | Paul Miller, P.I. | Telefilme |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Anthony Perkins |