Infotaula de personaAntoine Watteau

(1721) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Jean-Antoine Watteau Editar o valor em Wikidata
10 de outubro de 1684 Editar o valor em Wikidata
Valenciennes (Reino de Francia) Editar o valor em Wikidata
Morte18 de xullo de 1721 Editar o valor em Wikidata (36 anos)
Nogent-sur-Marne (Reino de Francia) Editar o valor em Wikidata
Causa da mortetuberculose Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Francia
Francia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo París
Londres
Valenciennes Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpintor , gravador , debuxante arquitectónico , artista , artista gráfico , debuxante , artista visual Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1700 Editar o valor em Wikidata - 1721 Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoFête galante (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
MovementoRococó Editar o valor em Wikidata
ProfesoresClaude Gillot (pt) Traducir e Claude Audran (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoMusette de cour (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Mecenasfamille Crozat (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

BNE: XX967492 Musicbrainz: 1a919252-dd1a-45a7-b2af-d4d910625a33 Discogs: 1827369 WikiTree: Watteau-8 Editar o valor em Wikidata
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2015.)
Antoine Watteau.

Jean Antoine Watteau, máis coñecido como Antoine Watteau (10 de outubro de 1684, Valenciennes - 18 de xullo de 1721, Nogent-sur-Marne), foi un pintor francés.

É considerado como un dos primeiros representantes do estilo rococó. Inspirado na commedia dell'Arte, gustáballe representar o mundo teatral nos seus cadros. Entre as súas obras máis célebres están Pierrot, e o Embarque para illa de Citera (Pèlerinage à l'île de Cythère).

Unha das principais fontes sobre a súa vida é a biografía dirixida polo seu amigo o conde de Caylus.

Biografía

Jean Antoine Watteau era fillo dun mestre tellador, de orixe flamenga, e membro dunha familia numerosa. Arredor dos dez anos de idade foi posto como aprendiz con J. A. Gérin, un dos pintores de sona da cidade, de quen o museo e mais as igrexas de Valenciennes conservan obras, de valor medio, do gusto flamengo. Gérin morreu o 7 de xuño de 1702. Pouco tempo despois, atopamos a Antoine en París, desvalido e sen recursos, mais decidido a encontrar traballo. Empregado primeiro cun pintor sen clientes, Métayer, que nin o pode alimentar, pasou a traballar cun fabricante de pinturas, na ponte de Notre-Dame, que lle encargou, con outros aprendices, copiar numerosas pezas de imaxes relixiosas e cadros de xénero, especialmente unha "Vella aleixada" (Vieille Liseuse) de Gerard Dou, e un San Nicolao, moi solicitados polos devotos.

Logo de librarse desa "necesidade" que lle fornecía «tres libras por semana e a sopa de todos os días», Watteau asociouse cun pintor de Antuerpen, J. J. Spoede, alumno da Academia real, e con Claude Gillot, pintor, debuxante, gravador, decorador, de verba incansábel e fantasía orixinal. O acordo entre o mestre e o discípulo, tamén dotado de vivo humor, non durou moito. Porén, Watteau gardoulle sempre recoñecemento a Gillot, pois foi con Gillot, en efecto, con quen colleu gusto polas escenas de teatro, polas fantasías galantes, polos rebiricoques e os figurinos, polas mitoloxías e as enleadas nas tendencias naturais e na observación incesante das realidades da contorna, polo pracer delicado do espectáculo da vida mundana ou da rústica.

Watteau, probabelmente a través do mesmo Gillot, coñeceu a Claude III Audran, conservador do Palacio de Luxembourg, que lle encargou a decoración do castelo de Meudon (1699) e do castelo de La Muette (Gabinete do rei, ca. 1708). Nestes traballos empregou motivos exóticos e chineses. Na decoración do Hôtel de Nointel (Poulpry) utilizou escenas de galanterías xunto a motivos grotescos.

Volto a Valenciennes en 1710, dedicouse a temas militares, con matices realistas (Campo volante, 1709-10: Moscova, Museo Pushhkin). De regreso, novamente, en París, trata o sogro de Gersaint, do cal fai un retrato (Sirois sob traxe de mezzetin, 1717: Londres, Wallace Collection). Na capital dedícase outra vez aos temas teatrais do tipo dos de Gillot.

En 1709 acadou o segundo posto no premio de Roma. Tres anos máis tarde, en 1712, presentouse de novo. Desta vez, a súa obra foi xulgada de tan gran calidade, que foi aceptado como membro de pleno dereito da Academia Real de Pintura e Escultura, aínda que coa influencia de La Fosse. Mais só en 1717, logo de cinco anos de traballo, presentou a súa obra de ingreso, o famoso Embarque para Citera (Pèlerinage à l'île de Cythère). A Academia creou un xénero especial para el: a «festa galante» (fête galante).
Nos anos intermedios, entre 1712 e 1715, frecuentou o tesoureiro Pierre Crozat, o que permite ao artista estudar a súa notábel colección de debuxos de artistas flamengos. Tamén comezou a interesarse pola paisaxística (Verán, da serie de As estacións, para Crozat, ca. 1715: Washington, National Gallery).

Nos anos últimos fixo varias viaxes, como unha a Londres en 1719, e realizou un número grande de pinturas, entre elas a segunda versión do Embarque para Citera (1718: Berlín, Charlottenburg) e algúns nus femininos (A Toilette: Londres, Wallace Collection), retratos (Antoine Pater: Valenciennes, Musée des Beaux-Arts; Gentilhomme: París, Louvre), algunhas teas de tema relixioso, outras con amores galantes (Diversións campestres: Londres, Wallace Collection; Reunión no xardín: Berlín, Charlottenburg), e por suposto lenzos de temas teatrais (Comediantes: Nova York, Metropolitan Museum of Art; Gilles: París, Louvre).

Se ben Watteau parece condensar nos seus lenzos os espírito da Rexencia, cómpre notar que non sobreviviu a Lois XIV máis de seis anos. Os máis dos seus clientes foron burgueses, banqueiros e mercadores.

Véxase tamén