Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de outubro de 1890 Pontevedra, España |
Morte | 14 de setembro de 1940 (49 anos) Pontevedra, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | músico |
Familia | |
Fillos | Antonio Blanco Freijeiro |
Antonio Blanco Porto, nado en Pontevedra o 6 de outubro de 1890[1] e finado na mesma cidade o 14 de setembro de 1940[2], foi un músico galego.
Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e fundou con Antón Iglesias Vilarelle a Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra da que foi o primeiro director. Asiduo conferenciante e articulista de temas relacionados coa música galega, colaborou en Diario de Pontevedra e El Progreso. Empregou o pseudónimo White Haven. Foi profesor de música do Instituto de Pontevedra e Delegado provincial de Cultura e Arte en 1940.
Aparece como figurante na película Miss Ledyia (1916).
Casou con Mercedes Freijeiro Veiga e foi pai de Antonio Blanco Freijeiro.