Apuleio
Nacementoc. 125
Lugar de nacementoMadaura
Falecementoc. 170
Lugar de falecementoCartago
NacionalidadeRoma Antiga
Ocupaciónescritor, filósofo, novelista, poeta, rhetorician e médico
Cónxuxevalor descoñecido
Coñecido porO asno de ouro e Apologia
Na rede
Bitraga: 958 Discogs: 5594903 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Apuleio (Lucius Apuleius en latín), nado en 123 ou 125 e finado en 180, foi un escritor latino de orixe bérber.

Traxectoria

Clásicos en Galego 19:
O asno de ouro.

Naceu en Madaura, colonia romana de Numidia, fillo dun dun maxistrado provincial. Apuleio formouse en Cartago e posteriormente en Atenas, onde estudou a filosofía platónica. Despois de ser iniciado no culto de Isis, marchou a Roma para estudar oratoria latina. Máis adiante viaxou por Asia Menor e Exipto estudando a súa filosofía e relixión.

Acusado de usar a maxia para conseguir os favores e riquezas dunha viúva, fíxose cargo da súa propia defensa, coñecida como a Apoloxía, onde demostra o seu sentido de humor.

Busto de Apuleio nun contorniato

O asno de ouro (ou Metamorfoses) é a única novela en latín que sobreviviu enteiramente, é unha obra imaxinativa, irreverente e divertida que relata as aventuras de Lucio, que durante un dos seus experimentos coa maxia, convértese nun asno; baixo esta aparencia oe e ve gran número de cousas estrañas, ata que Isis devólveo á forma humana. Unha interpolación desenvolve a fábula de Psique e Cupido.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos