Biografía | |
---|---|
Nacemento | século II Alexandría |
Morte | século III |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Roma Antiga |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Período de tempo | Imperio Romano |
Período de actividade | século II - século III |
Lingua | Grego antigo |
Obra | |
Obras destacables
| |
Aquiles Tacio (en gr., Ἀχιλλεύς Τάτιος), nado en Alexandría, foi un escritor do século II.
É coñecido por legar unha novela erótica chamada Leucipa e Clitofonte ou as Aventuras de Leucipa e Clitofonte, claramente composta baixo a influencia retórica da Segunda sofística, cara a finais do século II.
Díxose que Aquiles Tacio é dentro da novela o que Eurípides dentro do xénero tráxico: un autor que coñece e usa as convencións do xénero, pero faino xa cunha ironía e un realismo notábeis. Fronte á simplicidade das novelas anteriores, Aquiles Tacio complica o esquema- dentro da armazón folletinesca da novela grega-, aburguesa aos protagonistas, e engade unha boa chea de digresións internas (descricións de animais, estatuas, cadros, relatos míticos, anécdotas etc.) cun virtuosismo un tanto barroco. Esas ekphráseis e historietas intercaladas eran, seguramente, moi do gusto da época, aínda que choquen con nosas convencións novelescas.
Aquiles Tacio resulta un tanto lascivo en contraste co relixioso ton e o sublime de Heliodoro, como xa notaron os bizantinos, que apreciaban moitos estas dúas novelas. O seu texto foi coñecido pronto; no século XVI foi imitado, e traduciuse ao castelán por vez primeira en 1617, por Diego de Ágreda y Vargas.
Outros novelistas en grego helenístico: