Arousa | |||
---|---|---|---|
Nome | Arosa Sociedad Cultural | ||
Fundación | 1945 | ||
Estadio | A Lomba, Vilagarcía de Arousa, Galicia | ||
Capacidade | 5.000 | ||
Presidente | Manuel Abalo | ||
Adestrador | Luisito | ||
Liga | 3ª – Grupo 1 | ||
2017–18 | 5.º | ||
Vestimenta | Rasán | ||
Na rede | |||
https://www.arosasc.net/ | |||
| |||
O Arosa Sociedad Cultural é un equipo de fútbol de Vilagarcía de Arousa fundado en 1945. Milita no Grupo I da Terceira División RFEF. Xoga como local no Estadio da Lomba, con capacidade para 5.000 persoas.
Xogou unha tempada na Segunda División, 7 na Segunda B e 54 na Terceira.
Desde 1905 existiron en Vilagarcía diversos equipos de fútbol (Villagarcía FC, Alfonso XIII, etc), federados ou non, e en 1940 uns rapaces da vila formaron un club chamado Arosa, que competiu en categoría rexional até desaparecer.
En decembro de 1945 foi cando tomou carta de natureza o actual club. O 27 de xaneiro de 1946 inaugúrase oficialmente o campo, valado, nun choque Arosa-Santiago (1-1). O primeiro partido oficial disputouse na Lomba o 3 de novembro de 1946 co resultado de Arosa SC 3 - Sociedad Cultural de Pontevedra 1.
En menos de tres anos, o Arosa SC consegue pasar de Serie A a Segunda División Española. Consegue o ascenso na tempada 1948-49 (o 17 de abril de 1949, ao vencer en Riazor o Xuvenil da Coruña (2-0) e proclamándose subcampións trala Orensana. O Arosa militou en Segunda División durante dúas tempadas.
Desde esa época o equipo moveuse dúas décadas por categorías galegas, ata que en 1975 ascende a Terceira. En 1981 xoga a súa primeira promoción de ascenso a Segunda B, e cae derrotado en Reus, mentres dous anos máis tarde, en Olot, o 18 de xuño de 1983, consegue o pase á categoría de bronce (na eliminatoria deixou fóra o Mestalla e o Olot, neste caso por (1-0) e (2-0). Nos anos seguintes disputou varias tempadas en Segunda B, e en Copa do Rei enfróntase á Real Sociedade e ao Osasuna. O seu último ascenso a Segunda B produciuse en 1993, cando despois de proclamarse campión de Terceira por primeira vez na súa historia, ascende logo de derrotar o Moscardó de Usera, o Lealtad de Villaviciosa e o Ríbert de Salamanca. Descende a Terceira en 1994, e a partir de aí comeza unha serie de tempadas nas categorías inferiores.
Logo dunha crise económica a comezos do século XX, na tempada 2019-20 volveu xogar o playoff de ascenso a 2ª B, logo de rematar a competición de terceira división de forma prematura por mor da pandemia de COVID-19. Perdeu a semifinal co Ourense CF por 2-1 nun encontro disputado no Estadio de Balaídos. Acadou o ascenso na tempada seguinte, coincidindo co 75 aniversario do club. Nos play-off venceu nas semifinais o CD Estradense[1], e na final o UD Somozas por 2-0. Na tempada 2021-22 xogou na Segunda División RFEF.
|
|
|
|
O gardameta que máis partidos oficiais disputou foi Berto Moreira con 146 entre 1983 e 1988. O que presenta mellor media é o sevillano Nano Sánchez (1981-83) con 0,53 goles (27 goles en 51 partidos).