Assembleia de Estudantes Galeg@s Antifascistas
TipoSindicato estudantil
Data de fundación1998
Data de disolución2001
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

Assembleia de Estudantes Galeg@s Antifascistas (AEGA) foi unha organización estudantil de ideoloxía independentista e socialista que existiu na Universidade de Vigo de 1998 a 2001[1].

Ideoloxía

Ideoloxicamente AEGA era próxima ás correntes autónomas e libertarias do socialismo.

Historia

Foi creada en 1998, en parte para facerlle fronte ás organizacións falanxistas que daquela actuaban na Universidade de Vigo[1]. En 2001 foi unha das organizacións que fundou AGIR, aínda que o sector máis próxima á ideoloxía anarquista da organización decidiu escindirse e formar a Assambleia Azrael[2].

Notas

  1. 1,0 1,1 "Agrupaciones extremistas fichadas por la policía coexisten en la Universidad de Vigo" Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine., artigo en La Voz de Galicia, 19 de decembro de 2000.
  2. Breve resenha do independentismo estudantil.